Diferenzas entre revisións de «Vesícula»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Liposome scheme-en.svg|thumb|250px|right|Esquema dunha vesícula simple ([[liposoma]]).]]
Unha '''vesícula''' pode entenderse como unha burbulla de líquido dentro doutro líquido, é dicir, a unión supramolecular constituída por diferentes moléculas. Máis tecnicamente, unha vesícula pode definirse como un pequeno saco membranoso que pode almacenar ou transportar substancias. As vesículas poden formarse naturalmente a causa das propiedades da súa [[bicapa lipídica|membrana lipídica]] (caso das [[micelas]]), ou poden prepararse artificialmente (caso dos [[liposomas]]). A maioría das vesículas teñen funcións especializadas dependendo do material que conteñen.
 
Dado que as vesículas teñen un aspecto moi parecido, é moi difícil describir a diferencia entre os diferentes tipos.
 
===Unión das vesículas a membranas===
Diversos marcadores de superficie das vesículas chamados [[SNARE]]s identifican cal debe ser a carga a transportar na vesícula, e complementariamente outros SNAREs da membrana do orgánulo de destino funcionan facilitando a fusión da vesícula transportadora coa membrana de destino. Os SNAREs vesiculares denomínanse ás veces cono v-SNAREs (v de vesícula) e os da membrana de destino como t-SNARES (t de ''target'', albodiana).
 
Pero a miúdo os SNAREs asociados coas vesículas ou as membranas de destino son alternativamente clasificados como SNAREs Qa, Qb, Qc ou R debido a que presentan unha maior diversidade que non se podería clasificar simplemente nos dous grupos v- ou t-SNAREs. Lévanse identificado ata agora en diferentes tecidos e compartimentos subcelulares un conxunto de complexos SNARE diferentes con ata 36 isoformas en humanos.
185.206

edicións