Río Sarria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
 
 
==Percorrido do río Sarria==
Este río, de 57 quilómetros de lonxitude e 309 km² de bacía que atravesa a Terra de Sarria pola súa parte central, nace de varios regueiros e vertentes dos montes da Meda , da Albela e Serra do Oribio, que reunidos pasan polo Norte de San Cristovo do Rial, Santiago de Renche e San Martiño do Real, continuando o seu curso polo Sur de Samos e de Leste a Oeste ata o término de Castroncán; desde aquí cambean ó Norte e circundando a Lier polo Leste, Norte e Oeste baixan ó Suroeste , e entremedias de Frolláis e Fafián dirixense ó Norte buscando a ponte de Sárria, por entre Farbán e Fontao, e deixando á esquerda a capital do partido marchan rodeando a Santiago da Veiga e seguen ó Noreste ata San Pedro de Ronfe, parroquia que deixan á dereita; finalmente o Sarria pasando por entre Vilafiz e Viance vai a unirse ó Neira, despois de pasa-la ponte de San Xiao da Póboa, freguesía que queda á dereita; no seu curso agreganselle varios regueiros e ríos , mais o úneco notable é o Celeiro, que baixando de Froián e A Chanca pasa ó Oeste de Sárria e entra no Sárria un poco máis abaixo da ponte de Vilar de Sárria , no término de San Martiño
 
Beira do río Sárria están as capitalidades dos concellos de Triacastela, Samos, Sarria e Láncara, dándolle así o carácter de elemento definidor e vertebrador da Comarca.
 
A bacía do río Sárria comprende a totalidade das parroquias do Concello de Triacastela, un número considerable das dos concellos de Samos e Sárria, unhas poucas do de Láncara, dúas do Páramo, e uns pequenos anacos de terreos do concello do Incio.
Parroquias que ,en todo ou en parte, verten augas ó río Sárria.
*[[Triacastela]]:Toldaos, Alfoz, Monte, A Balsa, Lamas, Cancelo, Vilavella e Triacastela.
*[[Samos]]: San Cristovo do Real, Renche, San Martiño do Real, Freixo, Lóuzara ( Lampazas), Samos, Carballo, Montán, Zóo, Lousada, Romelle, Loureiro, Pascais, Couto, Castroncán, Formigueiros, Soñide, Teivilide, Reiriz, Estraxiz, Frolláis.
*[[O Incio]]: San Salvador do Mao ( Piornedo), Pacios de Loureiro, A Cervela ( Penaxubeira).
*[[Sarria]]: Calvor, Lier, Castelo dos Infantes, Camiño ,Loureiro, San Vicenzo de Froián, Santa María da Pena, San Salvador da Pena, San Pedro de Froián, San Estevo do Mato,San Sadorniño de Froián, A Chanca, Chorente, Piñeira, Barbadelo, Meixente,Belante, Maside, Requeixo, Fafián,Cesar, Reimóndez, Farbán, Fontao, Vilar de Sárria,Betote, Frades, Goián, San Miguel de Vilapedre, San Fiz de Vilapedre, Vilar, Lousadela,San Salvador do Mato, San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga, Rubín, Corvelle, Ferreiros, San Antoniño, Seteventos, Camiño e Louseiro.
*[[Láncara]]: Monseiro, Toldaos, Vilouzán, Río, Larín, Oleiros, Vilambrán, Ronfe, A Pobra de San Xiao.
*[[O Páramo]]: Vilafiz e Moscán.
Agás Paradela, os demais concellos da comarca ,en maior ou menor medida , aportan augas a esta bacía.
 
 
===Curso alto===
A bacía alta do río está sustancialmente formada polas terras de Triacastela. Son estas coma un circo arrodeado polas serras do Oribio e da Albela e polo Monte da Meda ( o Mons Serius medieval). Non se pode falar dunha fonte do río, senón que son varias as suas fontes , situadas no Concello de Triacastela, que reunindo as suas augas en pequenos regueiros, baixan dende os Montes da Albela, A Meda e O Oribio, a facer río caudal xa un bon treito antes de Pena Partida. En realidade a maior superficie de aportación de augas corresponde ás abas do Monte da Meda.
 
Tres son os cauces que recollen augas nas vertentes da Meda , da Albela e no monte Oribio ( O alpe Eripio medieval):
O regueiro de Santalla recolle as que baixan polos de Vilave¬lla, Bezcas, Ríos e Longo ( parroquias de Monte, Alfoz, Tol¬daos, Cancelo ,Vilavella e Lamas). O ramal principal , que ten manantío na Poza da Lagoa, perto do Furco, leva primeiramente o nome de Rego de Rios, e recebe ,pola dereita en Toldaos, as augas do arroxo que baixa dende o Furco. Pouco antes, e pola esquerda, recolle as dun regacholo que ven dende o monte Xarin.
Augas abaixo danlle o nome de Río de Santalla, e un pouco máis abaixo da igrexa de Alfoz, recolle pola dereita as augas de Río Longo, que dende a Porcela e o Pico, colle as vertentes da parroquia do Monte. Pola esquerda achega as do Regueiro de Bezcas, que veñen dende a Lagoa de Reboliños, collendo as das abas da Albela, e as do Arroxo da Vilavella, que baixan da Pena Furada.
Logo de atravesa-la a ponte da estrada Triacastela-Becerreá, pasado un forte estreitamento, o Rio de Santalla entra no val de Triacastela.
 
O Regueiro de Valdescuro xunta as augas do Monte da Forcadura, recollidos por polo regato da Ribeira e o Arroxo do Regueiro, separados polo monte de Pena Corval.Este regueiro colle augas na parroquia da Balsa.
 
E, finalmente, o Río da Ribeira recolle as augas dos pequenos regueiros que teñen orixe na Serra do Oribio ,formando o Arroxo de Rosiño, o Rego de Penedo do Lobo e o Rego das Chousas, que en rápido descenso, dende as suas fontes , situadas por riba dos 1.2OO metros, baixan cara a Vila de Triacastela, que está a 665 metros de altitude.
 
Son as augas deses tres pequenos ríos as que reunidas na vila de Triacastela , fan nacer o cauce do río que, cando menos dende o século VI, é coñecido como Sarria.
 
 
Pasada a vila de Triacastela, pola esquerda, recebe o Sárria as augas do Arroxo de Abreiral, que, dende Pena Soá, por xunto de Abradelo, baixa en forte pendente.
 
A altura da Ponte de Almirón, tamén pola esquerda, recolle as augas do Arroxo do Covallo, que na cabeceira é nomeado Rego da Reigosa, coa sua orixe na Boca da Reigosa, a 1.333 metros de altitude, e que ten ruxidoiras de grande desnivel.
 
Antes de San Cristovo, pola dereita, recolle as augas non perennes do Regueiro das Penas Longas e do Regueiro dos Chaos.
 
En San Cristovo do Real ( chamada San Cristovo de Riu de Sárria na Idade Media), pola esquerda, achega as augas do Rego de Nande, que recolle as vertentes do Chao das Ferradas e do Alto de Torrentes, recebindo o nome de Rego das Chardaeiras, na parte superior.
En Lusío, tamén pola esquerda, chéganlle as augas do Río da Ferraría, que na parte alta, augas arriba de Toca, é chamado Río do Castelo, que baixa dende Piornedo e Lampazas, recollendo tamén as do Rigueiro de Augas Rubias que baixa dende Pena das Seixas. Este riacho ten unha fervenza chamada de Toca.
 
En Renche, e pola dereita, o arroxo de Lourido rende as augas que polo Rego das Louseiras baixan dende San Xil do Carballo, e pola Muiña e Regato de Riocabo baixan das abas do Sur da Meda ( Monte da Medorra, Os Pereiros).
 
En Arxiís, pola esquerda, recolle as augas do regueiriño que baixa do Alto de Nogueiros.
 
En Freituxe ( Fruitux de Sárria, na Idade Media ), pola dereita, recolle augas dun regueirolo que baixa de Loureiro do Real.
En San Martiño do Real ( San Martiño de Sárria, na Idade Media), pola esquerda, verte augas o Arroxo de Vilar que baixa por Freixo desde o monte do Piorno.
Na vila de Samos , tamén pola esquerda, baixa dende a Serra do Edramo, e polo monte do Carballal, un regueiriño de escaso caudal.
O Río Sarria bica os muros do cenobio benedictino, facendo realidade a ampla referencia documental que sinala a súa ubicación nas inmedacións do río .
 
En Teiguín, pola esquerda, colle as augas do Regueiro de San Cobade. O Rego de Castroncán, pola esquerda, verte as suas augas arriba da Ponte Nova de Pascais.
Pola dereita , en Pascais, colle as que baixan polo cauce chamado O Arroxo, e as de outro regueiro que baixa de perto de Gontán.
Nas inmediacións de Gorolfe, pola esquerda, colle as augas do Regueiro de Vilachá.
Tamén pola esquerda, e xunto da Veiga , recebe as augas do rego de Reiriz. E moi perto , pola dereita, as do antigo Rio Melle , que deu nome á parroquia de Romelle.
No seu ramal principal leva hoxe os nomes de Río de Mogo e Rego de Montán. Pola dereita colle as augas do Rego de San Román, e pola esquerda, o do Regueiro de Lamas.
 
Augas arriba de Estraxiz, pola dereita, baixa cara o Sárria o Río de Nabares, tamén chamado nun treito Arroxo de Barxelas, Mon da Veiga, e no cauce superior, riba de Zóo, Arroxo de Agrelo, tendo éste a sua nacencia na Fonte do Fondo do Taro.
Abaixo de Sivil, pola dereita, baixan dende Pintín as augas do Arroxo de Portocelo.
 
 
===Curso medio===
Pasado Sivil, o estreito val ábrese na fermosa veiga de Perros e de Lier. Augas abaixo da Ponte de Frollais, pola esquerda, entra no Sárria o Río das Chousas, que é o "Sarambello" medieval, que recolle na sua bacía as augas que baixan dende o Monte do Couso e das parroquias de Pacios, Loureiro, Mato e as duas Penas.
Recolle este rielo as augas do rego de Monelo, que ten por afluentes os ramais que baixan do Caritel e de Vilaesteva e o rego de Castelo de Loureiro.
Dende a parroquia de Pacios de Loureiro ( O Incio) perto da igrexa, baixa cara Lavandeira un arroxiño que se xunta co que baixa dende o Monte de Santa Mariña.
Tamén pola esquerda, en forte descenso, dende Arxivide, baixa un regueiro que verte augas perto do muiño de Regueiro.
Na Fonte da Serra ten nacemento o Rego das Lagas , do que é afluente o regueiro que nace na Fonte dos Remedios, e axuntadas estas augas baixan cara As Aceas.
Entre Fafián e Cesar-Reimóndez, o río atravesa apreixoado polos tesos veciños, en estreitas voltas, inzadas dunha vizosa vexetación. A fermosa paisaxe de As Aceas, paraxe de protección natural, constitúe un dos treitos más escollidos do Sárria.
Tamén pola esquerda recebe o Sárria as augas do Rego de San Fiz, perto da Acea de Abaixo. Nas Aceas están as estacións elevadoras de augas para o consumo da área de O Oural e da vila de Sárria.
 
Abaixo da vila de Sárria recebe o río Celeiro ,que tamén é coñecido como Pequeno ou Mazadoiro, e tamén Río das Vacas ,ou Río da Estación, e que recibíu na Idade Media o nome de río Barbadelo. Algúns autores ,sen fundamento algún, tamén lle teñen chamado Sárria, considerándoo como o seu ramal occidental .
A sua bacía é de considerable superficie, e comprende parte da terra de Froián ( San Sadorniño e San Pedro), e as parroquias de Chorente, A Chanca, Albán, Ortoá, Maside, Requeixo , San salvador de Sarria e Arxemil, e parte das de A Cervela, Loureiro, Piñeira, Barbadelo, Farbán ,Meixente e Betote.
Dende Santa Icía , ata augas abaixo do Oural, o Rego de Barbadelo é unha pervivencia do nome medieval, e xunto co Rego da Laxe constitúe un dos ramais orixinarios do Río Celeiro.
O outro ramal ten orixe no Carreonzo, perto da Poza e de Penaxubeira ( A Cervela- O Incio) e na Fonte das Laxes , que forman o regueiro que hoxe se chama da Estación do Oural.
Podemos considerar que o Río Celeiro xa se forma propiamente por baixo de Vilar de María, e axiña recebe as augas do Regueiro da Valiña, pola dereita, e do Rego do Portiño, que baixa dende O Cotarelo , pola esquerda. Tamén pola esquerda, e dende O Torrón, chegan as augas do rego de Vilameá, e máis abaixo, pola dereita as do Rego de Lamparte.
Dende as abas do monte de Rebordelo, e da agra de Lamalonga, pola esquerda, baixa a engrosar o seu caudal o Rego de San Martiño, e perto da Rañoá, pola esquerda, achega as augas do Rego de Paredes ou de Vilei. Pouco máis abaixo, xunto do Castro de San Miguel, dende as estribacións do Monte do Páramo, baixa o hoxe chamado Rego de Cervos ou Rego de Río, que é o medieval "Río Bao", que xunta augas en Meixente, Ortoá, Maside e Barbadelo.
 
Xa na vila de Sárria, xunto da estación do ferrocarril, onde no século pasado lle foi desviado o curso, chegan as augas do Rego do Mazo, que trai o seu caudal dende o Monte de Xaneiras.
O pequeno Rego do Mazadoiro, tamén pola esquerda, aporta as augas que xorden no monte de Santa Cristiña e nas inmediacións de Treilán. Ó río Celeiro tamén lle chamaron algúns Río da Chanca,durante o seu paso pola vila de recibe o Sárria a aportación do rego de Vigo de Sarria.
 
Antes de se xuntaren o Sárria e o Celeiro, o río Sárria presenta a curiosa formación dunha illa moi alongada, inzada de vizosa vexetación, a carón da Estación Depuradora de Augas Residuais, que é un marco de incomparable beleza. No século XVI está documentada a existencia doutra illa en Pacios-Farbán, onde agoran din "Prado do Lago".
 
Segue o Sárria separando as parroquias de Betote e de San Xulián da Veiga.
A Veiga ou Val de Sárria , cun estreitamento entre Piñeiro e a Cha de Santa Marta, é unha ampla planicie, na que o Sárria leva o seu curso sempre perto das estribacións de Santa Cristiña, e logo do Monte da Chá, cun curto recorrido libre de elevacións, á altura do estreitamento da veiga.
En Rubín recolle o Sárria, pola dereita, as augas do antigo Río Erizón, hoxe Río de Corvelle ou de Ferreiros, formado por dous ramais que baixan dende a Meda.
O Probeiro fórmase da unión dos regueiros de Fonte de Egua, Represa e Vilouzán.
O Rego de Toldaos, co Arroxo de Mandreiras e co Arroxo de Moretín, forman o Rego de Louseiro, que se xunta en Corvelle co que baixa de Vilouzán, non lonxe da desembocadura no Sárria.
En Santiago da Veiga chegan ó Sárria as augas do Rego de Betote.
Pasado o lugar de Céltigos , augas abaixo do Muiño da Reza, entra no Sárria o Arroxo das Cabanas ( pola dereita), e un pouco máis abaixo en Vilambrán, dende o Agro do Castro, baixa un regueiro de curto recorrido.
 
 
 
===Curso baixo===
Augas abaixo de Céltigos, en Ronfe, remata a Veiga de Sárria, e ábrese a Veiga de Vilapedre, constituíndo o Curso Baixo do Sárria, en tramo definido polo estreitamento entre Vilafiz e Viance e a apertura ó Val do Neira.
O Río de Crecente recolle augas das abas do Monte do Páramo e Santa Cristiña. Dende a Serra de Goián o Rego da Lama, o Rego de Frades ou das Solas, e o Rego de Padriñán, forman o Río de Crecente, que tamén recolle as augas dos regueiros de San Mateu e de Merlán, constituindo o último afluente do Sárria, de certa consideración.
Dende o Monte Novo e polas abas do Monte Porqueiro xorde un arroxiño de augas non perennes, que atravesa a estrada C-546 e rende as augas perto da ponte do ferrocarril,na Póboa de San Xiao.
Neste treito final , o río vai encaixado entre o Monte de Castelbelo e A Chaira, quedando ás suas beiras unha estreita veiguiña, que se abre , pasado Agreimonde ó amplo Val do Neira,
deixando á dereita a Pobra de San Xiao.
O Rego de Moscán, baixa dende o Monte Albaredo, deixando á esquerda Castro, e verte augas no Sárria xa moi perto da desembocadura deste no Neira. Completa o seu recorrido servindo de separación entre os concellos de Láncara e O Páramo, rendendo o seu caudal ó Neira, que nese punto separa estes dous concellos do de O Corgo.
 
==O nome do río==