Marco aberto de lectura: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 6:
Hai que buscar unha secuencia que empece nun codón de inicio e forme unha sucesión de codóns e acabe nun codón de parada. Pero como a secuencia hai que lela de tres en tres nucleótidos (para formar os codóns) podemos empezar tomando como primeiro nucleótido calquera. Segundo por cal empecemos poden formarse ou non ORFs con codóns de parada, xa que os codóns formados serán distintos.
Nunha secuencia de ADN calquera, que é bicatenario, hai, ''a priori'', '''6''' posibles sentidos nos que poden aparecer marcos abertos de lectura, tres lendo a secuencia nun sentido e tres no sentido da cadea complementaria. Dado que cada codón comprende 3 nucleótidos, existen 3 posibles lugares de inicio para empezar a coller os nucleótidos de 3 en 3 (e en caso de que se tomara
Neste exemplo con esta secuencia dunha cadea de ADN, podemos lela en sentido 5'→3' de 3 maneiras: empezando no primeiro triplete polo nucleótido a, polo t ou polo g, de modo que se orixinarán distintos codóns. Vanse formar codóns de inicio (atg) e de parada (taa, tga ou tag). A secuencia 1 empeza por un codón de inicio e acaba por un codón de parada e é a máis longa, polo que seguramente é o xene buscado. Na 2 e na 3 fórmanse varios codóns de parada polo que as secuencias son moi curtas, así que non son xenes.
|