Diferenzas entre revisións de «Intrón»

 
== Historia do concepto ==
Os intróns foron descubertos por [[Phillip A. Sharp]] e [[Richard J. Roberts]] en adenovirus, os cales foron galardoados por este traballo co [[Premio Nobel]] de Medicina|Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina]] en 1993. O termo intrón foi introducido polo [[bioquímico]] estadounidense [[Walter Gilbert]] en 1978.
 
A palabra ''intrón'' deriva do termo ''rexión intraxénica''. Aínda que os intróns se denominen ás veces ''secuencias intercaladas'', este termo pode referirse a calquera das varias familias de secuencias de nucleótidos internas que non están presentes no produto final do xene, entre as que están as secuencias que codifican [[inteins]]<ref> As secuencias que codifican inteins son secuencias dun xene que codifican un segmento dunha proteína, o cal se autocorta e separa ese segmento do resto da proteína e une os outros cachos (son unha especie de intróns proteicos). As secuencias que codifican inteins están intercaladas entre outros xenes non relacionados con eles, polo que son secuencias intercaladas.</ref>, as secuencias non traducidas, e os nucleótidos eliminados por modificacións (editado) do ARN, ademais dos intróns.
190.960

edicións