Penalti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: vi:Phạt đền (bóng đá)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 12:
Para o lanzamento o balón debe permanecer estático no punto penal, situado a 11 metros perpendicular á liña de gol. O gardamallas rival debe permanecer na liña de gol e o resto de xogadores tanto rivais coma compañeiros tralo balón a 9,15 metros de distancia como mínimo.
 
* '''[[Fútbol Salasala]]''': Concederase penalti cando un xogador reciba unha falta dentro da área rival.
 
Consiste nun lanzamento libre directo e realizarase dende un punto situado a 6 metros da liña de gol, tendo que ficar o resto de xogadores 5 metros por detrás de dito punto.
Liña 20:
:O lanzamento realizarase dende un punto situado a 12 metros da portería. Non pode haber ningún xogador entre o balón e a portería, agás o gardamallas, que debe estar a lo menos a 5 metros de distancia do balón.
 
* '''[[Fútbol Praiapraia]]''': Concederase o lanzamento dun penal cando se cometa unha falta dentro da área de penalti, delimitada pola primeira liña imaxinaria máis próxima á portería.[[Ficheiro:Penalty in futsal match in HS Třebíč vs. Fans.jpg|thumb|right|200px|Execución dun penalti en Fútbol Sala]]
 
Para o lanzamento, o balón colocarase sobre dita liña imaxinaria, nun punto perpendicular ó centro da portería. Os xogadores que non interveñan no lanzamento deberán situarse por detrás do balón, a unha distancia mínima de 5 metros.
Liña 32:
O xogador que realice o tiro debe ficar detrás da liña de 7 metros, sen tocala, até que o balón saía de súa man, entrementres o porteiro non poderá sobrepasar a liña situada a 4 metros da sua meta. O resto de xogadores deben ficar fóra da liña de golpe franco a 3 metros como mínimo do lanzador.
 
* '''[[HockeyHóckey sobre herba]]''': Neste deporte existen dúas sancións co prefixo "penalti":
:* '''Penalti-stroke''': Asubíase cando un defensor comete unha falta dentro da área evitando a posíbel consecución dun gol, ou cando, o longo dun lanzamento de penalti-corner, algún defensor sobrepasa a liña de fondo denantes do permitido.
 
Liña 41:
:Para a súa execución, situase a bola sobre a liña de fondo, a 10 metros de distancia da portería. Do equipo infractor, só 5 xogadores poderán situarse trala liña de fondo, baixo a portería, entrementres o resto do equipo debe permanecer máis alá da liña de centro. O xogador atacante debe pasar a bola a outro xogador que se encontre fóra da área para que éste poida tirar á porta.
 
* '''[[HockeyHóckey sobrea patíns]]''': Castíganse con penalti as faltas cometidas dentro da área da portería propia.[[Ficheiro:Penalty SA-Samoa RWC 09092007.jpg|thumb|right|200px|Execución dun penalti en Rugby]]
 
Durante a execución, o porteiro non pode sobrepasar a liña de 50 centímetros, entrementres o resto de xogadores permanecerán trala liña de metade da pista. O xogador que efectúa o lanzamento, situado na liña de área, pode lanzar directamente a portería, xogar a pelota até outro xogador ou buscando un rebote ou patinar coa pelota en dirección á portería co gallo de driblar ó gardamallas e acadar gol.
 
* '''[[HockeyHóckey sobre xeo]]''': Márcase penalti cando un xogador, en posesión do disco, recibe unha falta polas costas, sen existir máis opoñentes entre el e o gardamallas. O equipo ó que se lle pita o penalti en contra, non recibe máis sanción, é dicir, no acarrea inferioridade numérica.
 
O lanzamento realizarao o mesmo xogador que recibiu a falta. Este acércase patinando co disco dende o centro da pista e só ante o porteiro tentará marcar gol.