Diferenzas entre revisións de «Hermenéutica»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: ms:Hermeneutika)
Sem resumo de edição
A '''Hermenéutica''' é unha teoría [[filosofía|filosófica]] da interpretación.
 
A orixe desta palabra remite ó substantivo grego ''hermeneia'' (“έρμηνεία”), traducidatraducido como "interpretación". Con este sentido aparece, por exemplo, no escrito [[Aristóteles|aristotélico]] ''[[Peri hermeneias]]'' ("Sobre a interpretación"). Crese, aínda que non é seguro, que ''hermeneia'' procede de [[Hermes]], o deus mensaxeiro encargado de transmitir ós humanos noticias divinas. Esta idea retómana posteriormente os primeiros pastores [[Cristianismo|cristiáns]], considerándose a si mesmos os proclamadores da palabra divina. Agora ben, os sacerdotes cristiáns non se limitarían a reproducir sen máis o mensaxe divino, senón que a través da expresividade ofrecida na recitación oral facilitarían a súa comprensión. Interpretan unha mensaxe a través dun determinado estilo oral, algo así como cando actualmente dise dun artista que vai "interpretar" unha canción. Ademais de "interpretación oral", ''hermeneia'' ten os sentidos de "aclaración" do significado escuro dun texto escrito e de "tradución", é dicir, trasladar dunha lingua a outra. Por iso tamén se chaman "interpretes" ós traductores de linguas. Outros autores propoñen entroncar a orixe da palabra coa figura mítica e lexendaria de [[Hermes Trimegisto]], suposto autor dos chamados ''escritos herméticos'', moi difundidos a partir do século II d.C polo mundo greco-romano. Estes escritos, que mesturan temas de caracter ocultista con outros máis de tipo filósofico-relixioso, volveron a florecer nos séculos XVII e XVIII nos ámbitos asociados ó esoterismo e ás ciencias ocultas. En definitiva, en todos estes casos a “interpretación” ven a significar un proceso consistente en “facer comprender” algo dificil (ou secreto).
 
Historicamente o primeiro documento coñecido no que aparece a palabra latinizada ''hermenéutica'' data de 1654. Correspóndese cun libro do teólogo [[Johann Conrad Dannhauer]] que leva no título a expresión “Hermenéutica sacra”, entendida como unha técnica destinada ó comentario de textos sagrados. De todas formas, aínda que non se usase a palabra, nocións teóricas sobre como comentar textos [[Sagrado|sagrados]] existen xa desde a época do cristianismo primitivo. De aí que habitualmente se asocien os orixes desta disciplina coa [[Teoloxía]].
195

edicións