Lorenzo da Ponte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Lorenzo da Ponte.jpg|thumb|right|300px|Retrato de Lorenzo da Ponte]]
'''Emanuele Conegliano''', coñecido como '''Lorenzo da Ponte''', nado en [[Vittorio Veneto|Cèneda]], [[Treviso]], o [[10 de marzo]] de [[1749]] e falecido en [[Nova York]] o [[1 de agosto]] de [[1838]], foi un poeta e libretista italiano, coñecido sobre todo como autor dos [[libreto]]s de tres grandes óperas de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]].
 
== Traxectoria ==
Naceu como '''Emanuele Conegliano''' nunha familia [[xudaísmo|xudía]]. En [[1763]] toda a familia converteuse ó [[catolicismo]] e tomou o nome do bispo que oficiou o bautismo. Máis tarde da Ponte fíxose sacerdote e viviu en [[Venecia]]. Porén, nesa cidade levou unha vida libertina e disoluta, ata que en 1779 foi expulsado da [[República de Venecia]]. Transladouse a [[Viena]] mercede ó interese demostrado por [[Antonio Salieri]] e pola súa habilidade, xa manifesta, de libretista. Nesa cidade alcanzou o posto de poeta oficial da corte do emperador [[Xosé II de Habsburgo|Xosé II]]. Naqueles anos era case obrigatorio que as óperas estivesen cantadas en [[lingua italiana|italiano]], e da Ponte foi quen de producir numerosos libretos de éxito para diferentes músicos.
 
Desa época data a súa amizade e colaboración co compositor [[Vicente Martín y Soler]], ó que italianizou como ''Martino'' nas súas ''Memorias'' (''Una cosa rara, ossia, bellezza ed onestà'', ''L'arbore di Diana'' e ''Il Burbero di buon cuore''). Tamén colaborou con Mozart na creación de tres obras mestras: ''[[Le nozze di Figaro]]'' ([[1786]]), a partir da comedia de [[Pierre-Augustin de Beaumarchais|Beaumarchais]], ''[[Don Giovanni]]'' ([[1787]]) e ''[[Così fan tutte]]'' ([[1790]]).
Liña 55 ⟶ 56:
* [http://www.rodoni.ch/proscenio/cartellone/cosifantutte/daponte.html Schizzo biografico] de Wolfgang Hildesheimer
* [http://www.opusmusica.com/002/daponte.html Biografía de Lorenzo da Ponte], artigo sobre a vida de Lorenzo da Ponte.
 
{{DEFAULTSORT:Da Ponte,Lorenzo }}
[[Categoría:Personalidades da música]]
[[Categoría:Libretistas]]
 
[[ca:Lorenzo Da Ponte]]
[[cs:Lorenzo da Ponte]]