Diferenzas entre revisións de «Cera»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: ml:മെഴുക്)
[[Ficheiro:Beeswax.jpg|thumb|250px|Cera de abellas.]]
As '''ceras''' son ésteres dos [[ácido graxo|ácidos graxos]] con [[alcohol|alcohois]] de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por [[esterificación]] dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de [[abella]]. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a [[epiderme]] de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de [[auga]] por [[evaporación]] nas plantas.
 
== Rol biolóxico das Ceras ==
 
* '''Protección''': debido ó seu carácter altamente [[hidrófobo]], repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e foritos de plantas. (cutina)
 
* '''Estrutural''': as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou foritos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das [[abella]]s.
 
== Usos da cera ==
[[Ficheiro:Exvotos.jpg|thumb|right|[[Exvoto]]s de cera de [[abella]]s.]]
Utilizouse tradicionalmente para facer velas, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como [[depilación|depilatorio]], xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.
 
197.875

edicións