Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Páxina de conversa»

-sección
(→‎Sangría: de en.wp)
(-sección)
Movamos a discusión a [[Conversa:Sopa]]. --[[Ana]]

:Non estou de acordo. --[[Xoán]]

==Formato==
O [[software]] que está detrás do [[wiki]] permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.

* Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.

* Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.

* Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
**colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
**colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.

Un exemplo do primeiro é o seguinte:

{| border="1" cellpadding="6" cellspacing="0"

<nowiki>Que tal o leite? --[[Bob]]</nowiki>

<nowiki>:Moi ben!! --[[Lisa]]</nowiki>

<nowiki>:Non está mal. --[[George]]</nowiki>

<nowiki>::Fíxeno eu! --[[Bob]]</nowiki>

<nowiki>Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a [[Conversa:Leite]]. --[[Lisa]]</nowiki>

<nowiki>:Non estou de acordo. --[[George]]</nowiki>

Que produciría algo así:
{| border="1" cellpadding="6" cellspacing="0"

Que tal o leite? --[[Bob]]

:Moi ben!! --[[Lisa]]

:Non está mal. --[[George]]

::Fíxeno eu! --[[Bob]]

Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a [[Conversa:Leite]]. --[[Lisa]]</nowiki>

:Non estou de acordo. --[[George]]

29.647

edicións