Baía Edicións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de PatriBaia (conversa); cambiado á última versión feita por Atobar
Liña 2:
 
==Historia==
Baía Edicións é unha editorial galega de carácter xeneralista. Fundada na cidade da Coruña, no noroeste da península Ibérica en [[1990]], tenleva variasdesde entón sorprendendo a lectores e lectoras con obras de coidada edición e grande interese nas súas moitas liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza. Patrocina, xunto a [[Sotelo Blanco Edicións]] e [[Edicións A Nosa Terra]], o selo empresarial [[Consorcio Editorial Galego]], a través do cal distribúe os seus fondos e coedita libros de textoetc.
 
 
No ano [[2004]] puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.
 
No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.
 
 
 
Na actualidade patrocina, xunto ás editoriais Sotelo Blanco e A Nosa Terra, o selo empresarial Consorcio Editorial Galego, a través do cal distribúe os seus fondos editoriais e coedita os novos proxectos de libro de texto.
De entre todas as coleccións destacamos as seguintes:
 
 
- Xiz de cor, relatos e poemas infantís combínanse nesta colección de álbum ilustrado de produción propia, onde se amosa a mellor creación de autores e ilustradores, así como as súas diferentes sensibilidades.
 
 
 
- Contos da igualdade, historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
 
 
 
- Cempés, contos pensados para ler e mirar cos máis pequenos da casa, con sinxelas historias onde a parte plástica é tanto ou máis importante que o texto escrito.
 
 
 
- Guías de natureza, desde os inicios apostamos pola divulgación do medio natural, pois entendemos que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Nas nosas guías aúnanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Carlos Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
 
==Véxase tamén==