Diferenzas entre revisións de «David Rubín»

Debuxante e animador, comezou na [[Ourense|ourensá]] [[Limaía Produccións]]. Continúa no campo dos [[debuxos animados]], agora traballando para a produtora coruñesa [[Dygra]]. Ten feito [[curtametraxe]]s e cortinillas de animación, pero é máis coñecido como autor de BD, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Confundador do colectivo [[Polaqia]] en [[2001]], debuxou unha historia escrita por [[Kike Benlloch]] no álbum colectivo ''Mmmh!!''. Conta con series propias nas revistas galegas ''[[BD Banda]]'' (desde 2001) e ''[[Barsowia]]'' (desde 2003). É o autor de ''Os Kinkilláns'', unha das series máis populares da segunda etapa de ''Golfiño'', publicación xuvenil ofrecida xunto a ''[[La Voz de Galicia]]''. [[Cómic]]s seus viron a luz en publicacións como ''Tos'', ''Huevo'' ou ''El fanzine enfermo''. Foi un dos autores que máis contribuíu á última época da revista ''Dos veces breve''.
 
(<u>Este texto foi copiado de [http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=39&busca=David%20Rubin Culturagalega]</u>)
 
Tamén se dedica ao humor gráfico para ''[[El Periódico de Catalunya]]''.
Usuario anónimo