Glicocálix: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
O '''glicocálix''' ou '''glicocáliz''' é un termo que designa o material [[polímero|polimérico]] extracelular (principalmente [[glicoproteína]]s), que se encontra cubrindo a superficie de moitas células animais, principalmente [[epitelio|epiteliais]] e dalgunhas [[bacteria]]s. O termo foi inicialmente aplicado á matriz [[polisacárido|polisacarídica]] excretada polas células epiteliais, que formaba unha cuberta sobre a superficie do tecido. Despois viuse que por fóra da [[membrana plasmática]] todas as células animais tiñan unha cuberta borrosa, o glicocálix, formada por residuos que sobresaen de carbohidratos dos glicolípidos e glicoproteínas da parte externa da membrana plasmática.
|