Georges Dumézil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: fa:ژرژ دومزیل
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 4:
Foi introducido no estudo das linguas clásicas polo seu pai desde moi pequeno e chegou a dominar máis de 30 idiomas, feito que o axudou para os seus estudos comparatistas, posto que podía ler os textos orixinais de cada civilización. Participou brevemente na [[Primeira Guerra Mundial]] e despois dedicouse á investigación e á docencia na [[universidade]]. Foi elixido membro da [[Académie Française]] en [[1978]] e numerosas cátedras indoeuropeas foron creadas en honra súa. Tivo problemas porque foi acusado tanto de francmasón como de filonazi, motivos polos cales foi apartado temporalmente do seu traballo.
== A trifuncionalidade ==
 
{{AP|Trifuncionalidade indoeuropea}}
A súa tese fundamental é que toda sociedade se estrutura ao redor das tres funcións mencionadas. Atopa exemplos nas clases sociais, o [[vocabulario]] e os mitos. A función relixiosa ocúpase da relación co sagrado ou a lei, a guerreira defende a terra e a terceira ocúpase da terra, da familia e de producir. O poder adoita estar dividido entre as dúas primeiras, con predominio da sacra.