Miofibrila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
As estriacións claras e escuras obsevadas nas miofibrilas e na célula muscular denomínanse bandas I (claras) e bandas A (escuras). No medio da banda A está a banda H máis clara (no seu centro está a liña M escura), e no medio da banda I está a banda Z máis escura. O [[sarcómero]] defínese como o segmento de fibra comprendido entre dúas bandas escuras Z. Nunha fibra hai moitos destes sarcómeros un detrás do outro, en toda a súa lonxitude. A banda Z é a zona con material denso onde un sarcómero se une ao seguinte e está á altura dos túbulos T. A banda I clara está ocupada só pola [[actina]].
A banda A escura representa a zona de superposición das proteínas actina e miosina que forman a miofibrila, pero no seu centro hai unha zona ocupada só por [[miosina]] (sen superposición), que é a banda clara H, a cal se fai máis pequena durante a contracción, xa que durante a contracción aumenta a zona de superposición da actina e a miosina. De feito, a contracción muscular é o resultado do esvaramento das fibras de actina e de miosina, que ten como resultado o acurtamento do sarcómero. Como todos os sarcómeros se contraen coordinadamente, toda a fibra muscular se contrae.
 
== Fibra muscular estriada ==
Como exemplo de [[fibra muscular]] describiremos os compoñentes da fibra muscular estriada esquelética. A "fibra muscular" é a célula muscular (miocito). Estas células teñen forma cilíndrica moi longa e reúnense en fascículos, formando os [[músculo]]s esqueléticos. A súa membrana chámase sarcolema e a súa matriz citoplasmática sarcoplasma. Son células multinucleadas, con ata centos de núcleos, situados en zonas periféricas e superficiais da célula. No sarcoplasma hai gránulos de [[glicóxeno]], [[encima]]s, moléculas enerxéticas como o [[ATP]] e a [[fosfocreatina]], [[mioglobina]] e outros metabolitos.
 
O sarcoplasma contén os orgánulos ordinarios, pero hai un orgánulo característico da fibra muscular estriada chamado [[retículo sarcoplásmico]], formado por túbulos membranosos lonxitudinais e cisternas transversais, que se estende por todo o sarcoplasma e rodea as miofibrilas, e que non é outra cousa que un [[retículo endoplasmático]] especializado. A membrana ou sarcolema ten unhas invaxinacións tubulares profundas transversais chamadas túbulos T. Os túbulos T xunto cos túbulos lonxitudinais do retículo sarcoplásmico regulan a cantidade de Ca<sup>2+</sup> na célula e facilitan a despolarización, o que é fundamental na contracción.
 
O interior da célula muscular está cheo de miofibrilas de 1 a 2 [[micrómetro|μm]] de diámetro, en número de centos ou ata unhas 2000, dispostas lonxitudinalmente, paralelas e formando unha estrutura ordenada chamada [[sarcómero]], no que se observa unha sucesión de bandas transversais claras e escuras. As miofibrilas están feitas principalmente polas proteínas filamentosas actina e miosina.
 
Outros tipos de fibras musculares son:
*Lisa. Forma os músculos de contracción involuntaria. As súas miofibrilas non se dispoñen tan ordenadamente, polo que non presenta estriacións. Parecen agruparse en unidades contráctiles que se insiren polos seus dous extremos na membrana celular. Están formadas por actina e miosina, pero a actina é moito máis abundante (nunha proporción de 12 a 1, o dobre que na fibra estriada). Os filamentos grosos de miosina teñen pontes transversais coma os da fibra estriada, pero estas pontes están distribuídas por todo o filamento, polo que non deixan libre a zona central como na fibra estriada.
*Cardíaca. Forma o [[miocardio]] do [[corazón]]. Con miofibrilas moi ordenadas e con estriacións semellantes ás da fibra muscular esquelética, coas bandas A, I, H, e Z desta, pero na que os miofilamentos da célula forman un todo continuo só interrompido pola presenza de mitocondrias e outros orgánulos, a diferenza da organización en miofibrilas separadas, que é o máis típico nas fibras esqueléticas.