Vogais da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Ligazóns. Cursivas en exemplos. Algún fonema
Xosé (conversa | contribucións)
m Palabras de exemplo en cursiva (ver normas) e resalto en negra (máis claro, tamén podia subliñarse)
Liña 2:
[[Image:Signos fonéticos 1.jpg|right|315px]]
==Sistema vocálico tónico do galego==
Onde mellor se distinguen as vogais dunha lingua é nas [[sílaba]]s tónicas, ou sexa, naquelas que levan [[acento]], porque estas sílabas, ao recibiren a maior forza de articulación son as que se pronuncian con máis claridade de matices. Cando falamos de sílabas tónicas referímonos ao acento da [[fala]], non ao acento da escrita ou til. Polo tanto, consideramos sílabas tónicas as que aparecen en cursivanegrita nas seguintes palabras, con ou sen acento gráfico: '''''úl'''timo'', '''dó'''lar'', ''a'''mi'''go'', ''ca'''fé''''', ''an'''dar''''', '''''sol'''''.
 
As sílabas tónicas son as que mellor nos permiten establecer o sistema vocálico galego. Nas ''sílabas átonas'', aquelas que non levan a forza e articulación da palabra, as vogais aparecen máis débiles e, polo tanto, menos matizadas. Compróbase pronunciando as palabras: cá''lido'', ''ce''rei''xa'', xen''te'', nas cales as sílabas átonas aparecen en cursiva.