Diferenzas entre revisións de «Antigo alto alemán»

[[Ficheiro:OldHighGermanlanguagearea962.png|right|260px|thumb|Área onde se falou o antigo alto alemán no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] arredor do [[950]].]]
Non había un estándar ou unha variedade suprarrexional do antigo alto alemán. Cada texto está escrito nun dialecto en particular, ou nalgúns casos nunha mestura deles. En xeral, as principais divisións dos dialectos do antigo alto alemán parecen ser similares ás dos períodos posteriores e están baseadas en grupos territoriais establecidos e nos efectos da ''zweite Lautverschiebung'', que permaneceron ata o día de hoxe. Pero debido a que a evidencia directa sobre o antigo alto alemán consiste soamente en [[manuscrito]]s producidos nalgúns poucos importantes centros eclesiásticos, non hai información de [[isoglosa]]s do tipo no que se basean os mapas dialectais modernos. Por esta razón, os dialectos do antigo alto alemán poden cualificarse como dialectos de mosteiro.
Os principais dialectos do antigo alto alemán, coas súas respectivas [[diocese|dioceses]] e [[mosteiro]]s:
* Alemán central
** Franco medio: [[Tréveris]], Echternach, [[Colonia (Renania do Norte-Westfalia)|Colonia]].
* O dialecto longobárdico, dos lombardos, que invadiron o norte de Italia no século VI, pode ser un dialecto do alto alemán, aínda que queda pouca evidencia.
* Os [[francos]] conquistaron o norte da Galia, así como o sur do [[río Loira|Loira]]; a fronteira lingüística estableceuse logo aproximadamente ao longo do curso do [[río Mosa|Mosa]] e o [[Río Mosela|Mosela]], con francofalantes francos máis ao oeste, que foron romanizados.
Coa vitoria de [[Carlomagno]] sobre os lombardos en [[776]], toda a xente que falaba alto alemán fora incorporada ao Imperio Franco. Os [[saxóns]] e os frisóns tamén foron dominados por Carlomagno, co que todos os falantes de xermánico occidental do continente quedaron baixo o goberno dos francos. Con todo, xa que a linguaxe da administración e da igrexa era o latín, está unificación non levou a ningún desenvolvemento de variedade suprarrexional ningunha do alemán ata que naceu o alto alemán recente.
 
== Textos ==
52.348

edicións