Diferenzas entre revisións de «Antigo alto alemán»

* O dialecto longobárdico, dos lombardos, que invadiron o norte de Italia no século VI, pode ser un dialecto do alto alemán, aínda que queda pouca evidencia.
* Os [[francos]] conquistaron o norte da Galia, así como o sur do [[río Loira|Loira]]; a fronteira lingüística estableceuse logo aproximadamente ao longo do curso do [[río Mosa|Mosa]] e o [[Río Mosela|Mosela]], con francofalantes francos máis ao oeste, que foron romanizados.
Coa vitoria de [[Carlomagno]] sobre os lombardos en [[776]], toda a xente que falaba alto alemán fora incorporada ao Imperio Franco. Os [[saxóns]] e os frisóns tamén foron dominados por Carlomagno, co que todos os falantes de xermánico occidental do continente quedaron baixo o goberno dos francos. Con todo, xa que a linguaxe da administración e da igrexa era o latín, está unificación non levou a ningún desenvolvemento de variedade suprarrexional ningunha do alemán ata que naceu o alto alemán recente. == Textos ==
 
== Textos ==
A fase temperá do período rexistrou unha considerábel actividade misioneira, e para o 800, todo o Imperio Franco fora cristianizado en principio. Todos os manuscritos que conteñen textos en antigo alto alemán foron escritos por escribas eclesiásticos, cuxa principal tarefa era escribir en latín máis que en alemán. Consecuentemente, a maioría dos textos en antigo alto alemán eran de natureza relixiosa e mostraban unha forte influencia do latín eclesiástico no vocabulario. De feito, a maioría dos textos en prosa sobreviventes son traducións de orixinais en latín. Mesmo traballos seculares, tales como o ''[[Hildebrandslied]]'', preserváronse xeralmente porque foron escritos en follas sobrantes de [[códice]]s relixiosos.
Dise xeramentexeralmente que o texto en antigo alto alemán máis antigo é o Códice [[Codex Abrogans|Abrogans]], un glosario latín - antigo alto alemán datado entre 750 e o 780, probabelmente de [[Reichenau]]. Os [[Encantamentos de Merseburg]] do século VIII son os únicos vestixios da literatura [[Mitoloxía xermana|xermana precristiá]]. Os textos máis temperáns non dependentes de orixinais en latín parecen ser o ''[[Hildebrandslied]]'' e a ''[[Wessobrunner Gebet|Pregaria de Wessobrunn]]'', ambos escritos en manuscritos de principios do [[século IX]], aínda que se asume que os textos se derivaban de copias anteriores.
O bávaro ''[[Muspilli]]'' é o único sobrevivente do que debeu ser unha vasta tradición oral. Outros traballos importantes son os ''Evangelienbuch'' de [[Otfried von Weissenburg]], o curto pero espléndido ''[[Ludwigslied]]'' e o ''[[Georgslied]]'' do século IX. A fronteira co [[alto alemán medio]] temperán (desde aprox. 1050) non está clara. O exemplo máis impresionante de literatura en alto alemán medio temperán é o ''Annolied''.
 
== Exemplos de textos ==
O [[Pai noso]] en tres dialectos do antigo alto alemán. Debido a que estas son traducións dun texto litúrxico, é mellor non consideralas como exemplos da linguaxe idiomático, pero mostran claramente a variación dialectal.
52.348

edicións