Tenis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mwl:Ténis
Os comezos do tenis en Galicia
Liña 42:
 
== Ránking ==
Na actualidade os xogadores están ordenados nun ránking chamado "Sistema de entradas" (Entry Ranking), no cal se suman os puntos obtidos polos xogadores nas últimas 52 semanas, é dicir, nun ano. Polo tanto, ao finalizar cada semana, réstanse a cada xogador os puntos obtidos nesa mesma semana do ano anterior, e súmanse os gañados na semana actual. O actual número un do ránking é o español [[Rafael Nadal]] ==en categoría masculina.
 
==O tenis en Galicia==
O [[tenis]] debeu entrar en [[Galicia]] a comezos do [[século XX]]. Existen unha [[fotografía]] dun grupo de mozas practicando tenis na [[A Guarda|Guarda]] en [[1909]], e neses anos é tamén cando se comezan a organizar as primeiras competicións entre as familias da [[burguesía]] de [[Vigo]] e da [[A Coruña|Coruña]]. En concreto, na cidade olívica un cenro difusor do tenis foi a empresa [[Cable Inglés]], que cubría a liña de transporte marítimo con [[Gran Bretaña]]. Os nomes dos primeiros xogadores galegos, de feito, alternaban apelidos británicos con nomes vencellados á idustria da [[conserva]], como Antonio e Jacobo Conde, Ventura Lago, Juan e Mimí del Río, Joaquín Yáñez, Javier Sensat, Manuel e Antonio Cominges, Guillermo de Oya ou Luis Pita. Nestes primeiros anos do século XX tamén se constrúen os primeiros campos de xogo, no [[Balneario da Toxa]], na propiedade do [[indiano]] [[Pontevedra|pontevdrés]] [[Casimiro Gómez]] ou nunha propiedade da familia Del Río no centro de [[Vigo]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.</ref>.
 
En [[1921]] o [[Casino de Vigo]] inaugura o seu campo e alí xorde o primeiro trofeo estable de tenis en Galicia, a Copa de Vigo. Tamén dese ano data a constitución da primeira [[Federación Galega de Tenis]], que encabeza o rexistrador da propiedade vigués [[Desiderio Martínez]] e que estaba formada sobre todo por persoas de clase elevada de Vigo e da Coruña. Entre esa década e a seguinte comezaron a abrollar por toda a costa recintos onde xogar ao tenis, en especial en propiedades ou clubes da alta sociedade: Vigo, [[Redondela]], [[Poio]], [[Padrón]]... Ao pouco [[Julio Curbera]] releva a Desiderio Martínez e a Federación organiza os primeiros torneos de carácter internacional, con presenza tanto de británicos como de portugueses e de xogadores vidos do resto de España<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.</ref>.
 
É importante destacar que neste momento as mulleres participan do deporte tanto coma os homes, e nesas décadas destacan xogadoras como Luísa e Maruxa Puente, Elena Viturro, Isabel Bendamio, as irmás Vasco Guimeraens, Herminia Borrel e Carmelina García Barros. Os clubes máis importantes foron o [[Club de Campo de Vigo]] e o [[Sporting Club da Coruña]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.</ref>.
 
== Curiosidades ==