Delicatessen (filme): Diferenzas entre revisións

Filme de 1991 dirixido por Marc Caro e Jean-Pierre Jeunet
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} {{FichaFilme | título = Delicatessen | títuloorixinal = Delicatessen | imaxe = | descrición = | director = Marc Caro<br />[[Jean-Pierre Jeunet..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2011 ás 08:09

Modelo:FichaFilme Delicatessen é un filme de humor negro francés dirixido por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, protagonizada por Dominique Pinon e Karin Viard que estreado en 1991.

Argumento

A historia desenrólase nun edificio da Francia rural e post-apocalíptica de 1950. A comida non é abonda, o gran é empregado como moeda e a poboación animal é cazada ata a extinción. Ó pé do edificio está a carnicería, que pertence ó caseiro, Clapet, quen coloca mensaxes no xornal "Tempos Duros" para atraer víctimas ó edificio, asasinalas e vendelas como carne a ós habitantes do edificio.

Trala "partida" do último habitante, o paiaso desempregado Louison chega para ocupala vacante. Durante a súa rutina de mantemento do edificio, faise amigo de Julie Clapet, e esta relación convértese en namoramento. Coñecedora das intencións do seu pai e a inminente morte de Louison, Julie descende ós sumidoiros para atopar ós temidos Trogloditas, un grupo rebelde de franceses vexetarianos, ós cales convence para que rescaten a Louison.

Despois da muerte e desmembramento (por carne) dunha anciana, os Trogloditas volven, e o Sr. Clapet, xunto ós habitantes caníbales do edificio, atormentan a Louison na súa habitación para asasinalo. Louison, coa axuda de Julie, fire a tódolos inquilinos posibles ó anegar o seu apartamento. Logra escapar da morte por moi pouco, logo de que Clapet accidentalmente se matara coa arma de Louison, un boomerang. O filme remata con Julie e Louison disfrutando da compaña do outro no agora pacífico edificio.

Personaxes

Galardóns

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas