Diferenzas entre revisións de «María I de Inglaterra»

m
Substitución automática de "Alonso_Sánchez_Coello_002.jpg" por "[[commons:File:Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_-_002.jpg|Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_
m (r2.7.1) (bot Engadido: eu:Maria I.a Ingalaterrakoa)
m (Substitución automática de "Alonso_Sánchez_Coello_002.jpg" por "[[commons:File:Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_-_002.jpg|Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_)
 
Amañadas as cuestións imediatas, María, daquela con 37 anos de idade, comezou a procurar marido para asegura-la descendencia. Nun principio parecía inclinada en aceptar a Eduardo Courtenay, Conde de Devon, porén, mudou de ideia cando o seu curmán, o Emperador[[Carlos V]] suxeriulle ao seu único fillo, o [[Filipe II de España|Príncipe Filipe]]. Tanto o Parlamento como os seus principais conselleiros pregáronlle que reconsiderase a decisión, xa que temían que o casamento causase a perda de independencia de Inglaterra baixo a temida [[España]] católica. Ante isto, María mantívose firme, o que iniciou unha onda de protestas populares que ameazaba revolta. O Duque de Suffolk decidiu entón subornar coa coroa a [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]], a irmá da raíña, sendo apoiado pola revolta popular de [[Thomas Wyatt]]. A tentativa foi esmagada. Sendo Wyatt e Suffolk executados, xunto a [[Xoana Grey]], quen nada tiña que ver coa rebelión. A Princesa Isabel, como beneficiaria da manobra, convertiuse no branco da suspeita sendo apreixada na [[Torre de Londres]]. Filipe de España esixiu que fose executada para eliminar futuras conspiracións. A pesares das intencións de Filipe, María negouse a asinar a orde, decidindo no seu lugar botar á súa irmá da corte, apreixándoa baixo cadea domiciliaria.
[[Ficheiro:Alonso_Sánchez_Coello_002Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_-_002.jpg|[[Filipe II de España]]|200px|thumb|left]]
María e Filipe casaron o [[25 de xullo]] de [[1554]] na [[Catedral de Winchester]]. Nos termos do contrato, Filipe pasou a ser designado como Rei de Inglaterra. O seu casamento cun herdeiro estranxeiro e católico marcou a fin da popularidade da raiña entre os ingleses, orgullosos da súa independencia. María, porén, ficou extremamente feliz coa súa unión con Filipe II, once anos máis novo ca ela. No mes de novembro de [[1554]], pensou que quedara embarazada, descubríndose máis tarde que fora un embarazo psicolóxico. Despois de pasar catorce meses en Inglaterra, Filipe decidiu voltar a España baixo un falso pretexto; xa que, ao contrario que María, el non tiña interese ningún nela.
 
16.817

edicións