Taufaʻāhau Tupou IV: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Tāufa'āhau Tupou IV, rei de Tonga''' ([[4 de xullo]] de [[1918]] – [[10 de setembro]] de [[2006]]), fillo da raíña [[Salote Tupou III|Sālote Tupou III]] e do seu consorte o príncipe Tungī, foi o rei de [[Tonga]] dende a morte da súa nai en 1965 ata o seu propio pasamento en 2006. Bautizado como Siaosi Tāufa'āhau Tupoulahi, axiña foi coñecido polo título que se lles outorga aos príncipes herdeiros: '''Tupouto'a''', e logo substituído polo título herdado do pai: '''Tungī''' (ou os dous xuntos: Tupouto'a-Tungī, naquel tempo escrito Tubouto'a-Tugi). A súa consorte foi a raíña Halaevalu Mata'aho 'Ahome'e, nada en 1926. A parella tivo catro fillos:
'''Taufa'ahau Tupou IV''' (nado o [[4 de xullo]] de [[1918]]). Rei de [[Tonga]] dende [[1965]], á morte da súa nai [[Salote Tupou III]] in [[1965]].
* O príncipe '''Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou, que subiu ao poder como [[Taufa'ahau Tupou V]].
{{en progreso}}
* A princesa Sālote Mafile'o Pilolevu Tuita (de solteira Tuku'aho)
* O ex-príncipe Fatafehi 'Alaivahamama'o Tuku'aho (despoxado do seu título cando casou cunha plebea), que recibiu o título herditario de Mā'atu, e que morreu en 2004.
* O príncipe 'Aho'eitu 'Unuaki'otonga Tuku'aho, máis coñecido polo seu título herditario de [[Lavaka Ata 'Ulukālala]].
 
Entusiasta deportista e moi relixioso cando novo, estudou [[Dereito]] en [[Australia]]. Converteuse en [[ministro]] de Educación no goberno da súa nai a raíña Sālote en [[1943]], en [[1949]] ministro de Sanidade, e finalmente en [[1949]] [[primeiro ministro]]. Continuou sendo pastor da [[Free Wesleyan Church]], a principal igrexa [[metodista]] de Tonga, ata a súa morte.
 
Exerceu unha forte autoridade política e mantivo o sistema aristocrático da política tonguesa, onde o rei e mais os nobres controlan o 70% do [[Parlamento de Tonga]], mais tamén os principais recursos económicos dun país que vive da pesca, o agro e as divisas dos emigrantes tongueses. O principal problema que tivo durante o seu mandato foi o escándalo por uns investimentos ilícitos realizados polo seu [[bufón]], [[Jesse Bogdonoff]]. Nos últimos anos, o rei iniciou unha viraxe cara un proceso de maior transparencia e democratización, forzado polas circunstancias. En [[2005]] unha folga do funcionariado mantivo en xaque o goberno durante varias semanas, nun conflito onde o neto do rei, [[Tu'i Pelehake ('Uluvalu)]], fixo de medidador. Unha comisión constitucional comezou nese mesmo ano a estudar unha reforma da [[constitución|carta magna]].
 
Tupou IV foi coñecido en todo o mundo polo seu elevado peso. Chegou a sobrepasar os 200 kgs., pero nos anos noventa encabezou unha campaña institucional para a redución de peso, e conseguiu baixar considerabelmente.
 
O [[15 de agosto]] de [[[2006]], o primeiro ministro tongués [[Feleti Sevele]] interrompeu as emisións de radio e televisión para anunciar que o rei estaba gravemente enfermo e pediu pregarias polo monarca. Fora internado no [[hospital]] Mercy, na cidade novacelandesa de [[Auckland]] en abril. O rei faleceu algo despois da medianoite do 10 de setembro. Os edificios públicos enfeitáronse de negro e púrpura en sinal de dó. Foi soterrado o mércores [[12 de setembro]].
 
[[Category:Monarcas]]