Proplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Os '''proplastos''' ou '''proplastidios''' son pequenos [[orgánulo]]s específicos das [[célula vexetal|células vexetais]] da familia dos [[plasto]]s, de estrutura simple e non diferenciados, que se atopan xeralemente nos [[meristemo]]s, é dicir, nos tecidos compostos de pequenas células indiferenciadas, que se dividen activamente, situados nas zonas en crecemento da planta.<ref>{{cita web| url = http://www.daviddarling.info/encyclopedia/P/proplastid.html | título = The internet encyclopedia of science; "PROPLASTID" | autor = Darling, David}}</ref>. Son de pequeno tamaño comparado con outros plastos (apenas máis grandes ca unha [[mitocondria]]), co seu estroma rodeado por unha membrana dobre, que contén algunhas lamelas escasas e curtas e algunhas [[vesícula]]s. Os proplastos multiplícanse probablemente por fisión binaria para manterse nas células meristemáticas en división.
 
A maduración dun proplasto en plasto funcional está correlacionada coa diferenciación da [[célula]] na que se encontra. Así, un proplasto situado nunha célula exposta á luz transformarase preferentemente en [[cloroplasto]], o que se traduce nun aumento de tamaño substancial, a formación de numerosas lamelas membranosas a partir das vesículas que se forman por invaxinación da membrana interna do proplasto, que formaran progresivamente a [[grana]], e a acumulaciónn de [[pigmento]]s como a [[clorofila]]. Ademais pode orixinar outros tipos de plastos como os [[etioplasto]]s (aínda bastante indiferenciados, que poden manterse así bastante tempo ou diferenciarse), ou en [[leucoplasto]]s que poden diferenciarse en plastos especializados no almacenamento de amidón, como os [[amiloplasto]]s dos [[tubérculo]]s da [[pataca]], ou en [[cromoplasto]]s coloreados, que se observan en órganos coloreados da planta, como os [[petalopétalo]]s de certas especies.