Río Lambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxe
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
 
==Étimo==
O [[hidrónimo]] correspóndese con a denominación de tres lugares nos concellos de [[Irixoa]] e [[Paderne]], que en principio parecen deber seu nome ao do río. A fins do [[século XI]] (circa [[1092]]) é citado xa como ''flumen Lambre''. A partir de aí a cuestión está aberta. [[Luís Monteagudo]] propoñeu un étimo *''Lamaris'', que evoluiría como ''Tamaris'' a [[Río Tambre|Tambre]] (habería que supor desde un acusativo *''Lamare'', como para ''Tamare''). Mais ''Schmoll'' supón que é comparábel ao ''Lambro'', un afluente do [[Río Po|Po]], en [[Italia]], para o que ''Krahe'' sostivo unha orixe iliria. O nome tamén se ten comparado á [[Flavia Lambris]], unha cidade de época romana sita ás beiras do Cantábrico e máis outra denominada, con leitura insegura, Lambriaca ou Lambrica.
 
==Galería de imaxes==