Proplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
Os '''proplastos''' ou '''protoplastidios''' son pequenos [[orgánulo]]s específicos das [[célula vexetal|células vexetais]] da familia dos [[plasto]]s, de estrutura simple e non diferenciados, que se atopan xeralemente nos [[meristemo]]s, é dicir, nos tecidos compostos de pequenas células indiferenciadas, que se dividen activamente, situados nas zonas en crecemento da planta. Son de pequeno tamaño comparado con outros plastos (apenas máis grandes ca unha [[mitocondria]]), co seu estroma está rodeado por unha membrana dobre, que contén alúnhas lamelas escasas e curtas e algunhas [[vesícula]]s. Os proplastos multiplícanse probablemente por fisión binaria para manterse nas células meristemáticas en división.
 
A maduración dun proplasto en plasto funcional está correlacionada coa diferenciación da [[célula]] na que se encontra. Así, un proplasto situado nunha célula exposta á luz transformarase preferentemente en [[cloroplasto]], o que se traduce nun aumento de tamaño substancial, a formación de numerosas lamelas membranosas a partir das vesículas que se forman por invaxinación da membrana interne do proplasto, que formaran progresivamente a [[grana]], e a acumulaciónn de [[pigmento]]s como a [[clorofila]]. Ademais pode orixinar outros tipos de plastos como os [[etioplasto]]s (aínda bastante indiferenciados, que poden manterse así bastante tempo ou diferenciarse), ou en [[leucoplasto]]s que poden diferenciarse en plastos especializados no almacenamento de amidón, como os [[amiloplasto]]s dos [[tubérculo]]s da [[pataca]], ou en [[cromoplasto]]s coloreados, ue se observan en órganos coloreados da planta, como os [[petalo]]s de certas especies.