Abrir o menú principal

Cambios

m
máis contido
En xuño de 1939, Kurt Patt, da oficina de deseño de Peenemünde, propuxo [[á]]s para converter a velocidade e altitude do foguete en sustentación e alcance aerodinámicos. A medida que o foguete se atopase con capas máis densas da [[atmósfera]] na súa fase de descenso, propulsaríase e comezaría a planear suavemente, cambiando velocidade por distancia. Patt tamén propuxo o ''Flossengeschoss'' ou "proxectil aleta". Ambos conceptos foron usados por [[Walter Dornberger]] na elaboración dunha presentación para [[Hitler]] o 31 de xullo de 1940, denominándoo "foguete América".
Os traballos sobre o deseño do A9 comezaron en 1940. Ademáis das ás, o A9 sería algo máis grande que o A4 e o seu motor produciría un 30% máis de empuxe. Despois de probar modelos en [[túnel de vento]] modificouse o deseño para reemplazar as ás por superficies no fuselaxe, xa que as probas demostraron que estas proporcionaban unha mellor sustentación a velocidades supersónicas e resolvía o problema do desplazamento transónico do centro de sustentación.
O desenvolvemento foi suspendido en 1941, pero en 1944 varios V2 foron modificados para achegalos á configuración do A9 baixo a designación de A4b. Calculouse que, engadindo ás, o alcance dos A4 aumentaría ata 750 km, permitindo atacar obxetivos en Gran Bretaña desde a propia Alemaña. Intentouse que tra-lo lanzamento a traxectoria dos A4b fose o máis suave posible e que o foguete planeara cara o obxetivo. Considerouse que, na fase final do voo, a intercepción do foguete polo enemigo sería practicamente imposible dado que cando estivese sobre o obxetivo faría un picado que limitaría o tempo de intercepción.
O concepto do A4b probouse engadindo pequenas ás a dous A4 lanzados desde [[Blizna]]. Nembargantes, debido ó pouco traballo de desenvolvemento levou a que o primeiro lanzamento, o 27 de decembro de 1944, fracasara. O segundo intento, o 24 de xaneiro de 1945, foi un éxito parcial, rompendose a á, pero conseguindo de todos modos chegar a ser o primeiro mísil guiado e alado en romper a barreira do son, alcanzando [[Número de Mach|Mach]] 4.
 
[[Categoría:Foguetes espaciais]]
6.358

edicións