Abrir o menú principal

Cambios

m
máis material
 
A resistencia chegou incluso a conseguir pezas dos foguetes lanzados chegando ó lugar do impacto antes que os alemáns. A principios de marzo de 1944 a intelixencia británica recibeu un informe dun axente da resistencia polaca que observou un vagón de transporte fortemente custodiado por tropas das [[Schutzstaffel|SS]] e que contiña ''un obxeto que, aínda que estaba cuberto cunha lona, semellaba un torpedo monstroso''. A raíz do informe ideouse un plan para intentar obter un V2 sen lanzar e transportalo a Gran Bretaña. O 20 de maio de 1944 un V2 relativamente intacto caeu nas ciénagas do [[río Bug]], cerca do pobo de [[Sarnaki]]. Conseguiuse ocultalo dos alemáns, sendo desmantelado e transportado a través de Polonia na [[operación Most III]] para a súa análise pola intelixencia británica.
 
=== A4-SLBM ===
Baixo o nome de ''Projekt Amerika'', a Alemaña nazi intentou desenvolver o primeiro mísil balístico lanzado desde un [[submarino]] (SBLM polas siglas en [[Idioma inglés|inglés]]) para bombardear [[Nova York]] e outras cidades e obxectos americanos. As probas da variante SBLM do A4 foron levadas a cabo desde plataformas remolcadas por submarinos [[U-Boot]].
Estas plataformas remolcables e sumerxibles foron coñecidas como cápsulas Lafferenz. Un prototipo de 300 toneladas foi construido nos [[asteleiro]]s Sichau, en [[Elbing]]. Esta cápsula foi probada no [[mar Báltico]] co U-boot [[U-1053]], que desapareceu durante as probas e foi atopado en marzo de 2010.
Tres cápsulas de 500 toneladas foron capturadas polos soviéticos antes de finalizar a súa construcción nos asteleiros Vulcan en [[Stettin]]. O prototipo de 300 toneladas usada nas probas nunca foi atopada.
 
=== A4b/A9 ===
 
 
[[Categoría:Foguetes espaciais]]
6.361

edicións