Diferenzas entre revisións de «Tecido cartilaxinoso»

amortigua>amortece
m (→‎Ligazóns externas: amaño ligazón commons)
(amortigua>amortece)
O elemento ''condr-'', de orixe [[lingua grega|grega]], ''chóndros'', forma parte de termos técnicos relativos ás cartilaxes (''condrite'', inflamación; ''condroma'', tumor; ''condrectormía'', extirpación). Por veces adopta a forma ''condro-'' (''condrodistrofia'', raquitismo fetal; ''condromalacía'', rebrandecemento patolóxico).
 
O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a larinxe ou a traquea) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortiguaamortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular.
 
==Estrutura==
[[Ficheiro:Illu synovial joint.es.png|thumb|300px|Articulación sinovial cun menisco]]
Existen tres variedades de tecido cartilaxinoso segundo o seu contido en fibras e as características destas:
*Hialino: de aspecto abrancazado ou azulento. Presenta pericondrio e os condrocitos reunidos en grupos. O coláxeno é de tipo II. É o máis abundante e atópase na [[larinxe]], na [[traquea]], nos [[bronquio]]s, nas [[costela]]s ou nos extremos articulares dos [[óso|ósos longos]].
*Elástico: máis elástico e flexible có hialino, e de cor amarelenta. Posúe fibras de coláxeno tipo II e pericondrio. Está presenta na [[epiglote]], na larinxe, nas paredes do [[conduto auditivo externo]] e na [[trompa de Falopio]].
*Fibroso (ou fibrocartilaxe): unha forma de transición entre o tecido conxuntivo denso e o tecido cartilaxinoso hialino, con fibras de coláxeno tipo I. Está presente nos [[disco intervertebral|discos intervertebrais]], bordos das articulacións, meniscos, puntos de inserción de [[ligamento]]s e [[tendón]]s ou na sínfise do [[pube]]. Carece de pericondrio.
 
Algunhas pezas cartilaxinosas recoñécense cun nome propio:
13.785

edicións