Averroes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: sh:Ibn Rušd
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: ja:イブン・ルシュド; cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:AverroesColor.jpg|thumb|250px|Averroes]]
 
== Biografía ==
Averroes naceu en Córdoba, procede dunha familia de maxistrados que condicionou en grande medida a súa formación cultural, profesional e académica. O seu pai era xuíz de Córdoba e ensinoulle xurisprudencia musulmá. Foi dignatario dos príncipes Abu Xaqub Yusuf e Xaqub al Mansur. No ano 1169 foi nomeado cadí en Sevilla e pouco tempo despois foi asignado á corte califal como médico do califa de Córdoba. Como consecuencia diso foi nomeado gran cadí de Córdoba.
 
Liña 11:
O final da súa carreira pública coincidiu coa loita emprendida polo fanatismo relixioso contra os cristiáns. A ortodoxia coránica conseguiu vencer ao partido heterodoxo da filosofía que defendía o mesmo Averroes. As súas doutrinas foron anatemizadas e morreu en Marrakech pouco despois de que o emir lle permitíse voltar do exilio.
 
== Filosofía ==
O mundo é eterno, o que non contradí a súa creación por Deus. A relación entre Deus e a creación non é a causa co efecto, senón que ten o fundamento con aquilo que se funda nel. A creación non é máis que a emancipación do principio creador que é Deus. Afirmar a eternidade do mundo supón crer na eternidade da materia e das súas formas. Aínda así, Averroes non admite a inmortalidade persoal senón só a unión con Deus.
 
=== A dobre verdade ===
Averroes mantiña que as verdades metafísicas poden expresarse por dous camiños: a través da filosofía, de acordo coa ensinanza aristotélica e os postulados [[Neoplatonismo|neoplatónicos]] da antigüidade tardía e a través da relixión como mostra nos libros da revelación.
 
Non foi el o que acuñou o termo da teoría da dobre verdade senón os pensadores cristiáns escolásticos posteriores. Rexeitou o concepto da [[creación]] do mundo no tempo pois mantiña que o mundo non ten principio. [[Deus]] era para el o primeiro motor, a forza creadora e impulsora de todo movemento. A alma da persoa flúe da alma universal unificada ou conxunta.
 
== Obras ==
Durante toda a súa vida manifestou unha especial preocupación por situar o pensamento árabe baixo a órbita de [[Aristóteles]]. Tratábase de conciliar a filosofía clásica co Deus do [[Corán]]. Para iso utilizou as fontes directas procedentes do método tanto aristotélico como platónico ou neoplatónico o que en ocasións lle reportou inimizades e enfrontamentos con outros teóricos e sectores teolóxicos da época.
 
Liña 28:
Escribiu tratados de lóxica, física, mediciña e astronomía. Os amplos comentarios de Averroes sobre as obras de Aristóteles foron traducidos ao latín e ao hebreo.
 
* ''Fasl Al-Maqal''. É todo un tratado de metodoloxía cuxa pretensión é achegar a lei coránica coa especulación filosófica, a tradición e a razón. Pretende dotar de carácter universal ao Corán como unha obra feita para todos os homes, intelectuais, empíricos, dialécticos e a poboación en xeral.
 
== O Averroismo ==
As súas obras foron traducidas ao latín e formaron parte da intelectualidade europea no século XIII cando penetraron na [[Universidade de París]]. O seu nome vai unido ao empuxe do pensamento clásico occidental. Nel conflúen as oposicións máis enfrontadas na distinción entre a razón e a fe.
 
=== Os seguidores ===
Algúns mestres de arte como [[Sigerio de Brabante]] e [[Boecio de Dacia]] ensinaron as teses de Averroes relacionadas co monopsiquismo e durante toda a súa vida manifestaron o seu aristotelismo radical procedente da ensinanza de Averroes.
 
Liña 42:
Díxose que a escolástica averroística de [[Pietro Pomponazzi]] e [[Cesar Cremonini]] áchase na orixe do mundo moderno. Estes ensinos chegaron ata o século XVII.
 
=== Os detractores ===
Foi Santo [[Tomé de Aquino]] un dos maiores detractores do averroísmo, das súas doutrinas nos puntos máis irreconciliábeis coa propia doutrina cristiá.
 
Liña 53:
As doutrinas de Averroes deron lugar a numerosas controversias nas universidades europeas de era moderna («averroísmo»). En definitiva, tivo grande influencia tanto na escolástica como na filosofía cristiá e xudía medieval
 
== Cronoloxía ==
* 1126: Nace en Córdoba
* 1135: Averroes contempla a Torre de Hércules en Cádiz
* 1153: Viaxa a Marrakesh, capital do vello imperio almohade
* 1159: Primeira redacción dos seus compendios de lóxica e filosofía
* 1162: Libro das Xeneralidades en medicamento
* 1168: Ibn Tufail, médico do califa Abu Xa qub presenta a Averroes ao califa
* 1169: Averroes, xuíz de Sevilla. Redacción dos comentarios medios ou paráfrases
* 1178: Tratado definitivo da concordancia da relixión coa filosofía
* 1180: Xuíz de Córdoba. Comentario maior aos Segundos Analíticos
* 1180-84: Composición de Tahafut at Tahafut, Destrución da Destrución
* 1181: Comentario medio ao De anima.
* 1182: Médico do califa
* 1186: Comentario maior da Física
* 1187-90: Comentarios maiores ao De caelo, De anima e á Metafísica
* 1195: Cuestións de Lóxica e Filosofía
* 1197-98: Persecución de Averroes, desterro a Lucena
* 1198: 11 de Decembro: Morte en Marrakesh.
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
Liña 103:
[[is:Averróes]]
[[it:Averroè]]
[[ja:イブンルシュド]]
[[jv:Ibnu Rusyd]]
[[ka:იბნ რუშდი]]