Abrir o menú principal

Cambios

m
desenrolar > desenvolver (desenrólase un pergamino, desenvólvese un plan)
'''Aggregat''' (do [[Idioma alemán|alemán]], significando ''agregado'') foi o nome dunha serie de deseños de foguetes desenroladosdesenvolvidos entre 1933 e 1945 por un programa de investigación do exército da [[Alemaña nazi]]. O seu meirande éxito foi o foguete A4, máis coñecido como [[V-2]].
 
== Variantes ==
O A2 foi deseñado en 1934 por von Braun baixo o programa en Kummersdorf dirixido por [[Walter Dornberger]].
Cunha lonxitude de 1,6 metros e un empuxe de 3 kN usando alcohol e oxíxeno líquido, era similar ó A1. Nembargantes, a diferencia do A1, o A2 levaba os xiroscopios estabilizadores no centro do foguete, entre os tangues de alcohol e oxíxeno, o que aumentaba a estabilidade. O foguete pesaba 72 kg valeiro, cun peso en despegue de 107 kg. O primeiro voo de probas tivo lugar en setembro de 1934 en Kummersdorf.
 
Construironse dous A2 para probas, sendo denominados Max e Moritz por dous personaxes de debuxo de [[Wilhelm Busch]]. O 19 e 20 de decembro de 1934 foron lanzados na illa [[Borkum]] no [[Mar do Norte]]. Alcanzaron altitudes de 2,2 km e 3,5 km.
 
=== A3 ===
O A3 foi lanzado por primeira vez o 4 de decembro de 1937, e foi construido para probar partes do futuro A4. Tan só se levaron a cabo tres lanzamentos máis de proba, todos terminados en fallo. O lanzamento final, o 11 de decembro de 1937, foi representativo do resto de lanzamentos: o motor apagouse prematuramente e o foguete destruiuse ó caer a terra e fallar o desplegue do [[paracaídas]].
 
O A3 foi o primero deseño feito en [[Peenemünde]]. En 1936 o xeneral [[Werner von Fritsch]] presenciou un encendido estático dun A3 en Kummersdorf e quedou o bastante impresionado como para prestar o seu apoio ao programa de foguetes.
O A3 usou un sistema presurizado de propelente, usando a mesma mistura de oxíxeno líquido e alcohol ó 75% que o A1 e o A2. Xeneraba 14,7 kN de empuxe durante 45 segundos e usaba un sistema de tres xiroscopios para mover os álabes de aleación de [[tungsteno]] do chorro propulsor. A máxima altitude alcanzada cun A3 foi de 18 km.
=== A4 (foguete V2) ===
O A4 foi un deseño a tamaño real cun alcance duns 175 km, una altitude máxima de 80 km e unha carga útil de aproximadamente unha [[tonelada]]. As diferentes versións do A4 tiveron as funcións de primeiro mísil balístico, primerio proxectil en alcanzar o [[espacio exterior]] e foi usado activamente na [[guerra]].
 
[[Imaxe:V-2 Bug.jpg|thumb|left|210px|V2 recuperado do río Bug, cerca de Sarnaki.]]
Este incremento en canto a capacidade tivo lugar a través dun redeseño completo do motor do A3 por parte de [[Walter Thiel]], sendo coñecido como A5. Foi quedando claro que os deseños de von Braun estaban converténdose en armas reais e Dornberg desplazou o equipo desde o polígono de probas de Kummersdorf (cerca de [[Berlín]]) ata unha pequena cidade, Peenemünde, na illa de [[Usedom]], na costa báltica de Alemaña, para proporcionar máis sitio para os probas e para rodealas dun maior secretismo. Esta versión era completamente fiable e cara 1941 o equipo lanzara uns 70 foguetes A5. O primeiro A4 voou en marzo de 1942, alcanzando unha distancia de 1,6 km e impactando contra o auga. O segundo lanzamento alcanzou unha altitude de 11 km antes de explotar. O terceiro foguete, lanzado o 3 de outubro de 1942, sigueu unha traxectoria perfecta. Aterrou a 193 km de distancia e alcanzou unha altura de 80 km.
 
A producción do foguete comezou en 1943, coñecido agora como ''Vergeltungswaffe 2'' (Arma de venganza 2) ou abreviadamente V2, tra-la insistencia do ministerio de propaganda de [[Joseph Goebbels]]. Os aliados estaban ó tanto da existencia do arma pola existencia dun sitio de probas en [[Blizna]], [[Polonia]], localizado polo movemento de resistencia polaco ([[Armia Krajowa]]) gracias a informes dos granxeiros locais.
 
A resistencia chegou incluso a conseguir pezas dos foguetes lanzados chegando ó lugar do impacto antes que os alemáns. A principios de marzo de 1944 a intelixencia británica recibeu un informe dun axente da resistencia polaca que observou un vagón de transporte fortemente custodiado por tropas das [[Schutzstaffel|SS]] e que contiña ''un obxeto que, aínda que estaba cuberto cunha lona, semellaba un torpedo monstroso''. A raíz do informe ideouse un plan para intentar obter un V2 sen lanzar e transportalo a Gran Bretaña. O 20 de maio de 1944 un V2 relativamente intacto caeu nas ciénagas do [[río Bug]], cerca do pobo de [[Sarnaki]]. Conseguiuse ocultalo dos alemáns, sendo desmantelado e transportado a través de Polonia na [[operación Most III]] para a súa análise pola intelixencia británica.
 
42.395

edicións