Gwenddoleu ap Ceidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m formato
Liña 1:
'''Gwenddoleu ap Ceidio''', (mortofinado c.contra o ano [[573)]] foi un rei britón que reinou en [[Arfderydd]] (hoxe [[Arthuret]]). Isto está no que hoxe é o sudoeste da Escocia e noroeste da Inglaterra na zona do [[muro de Hadrián]] e [[Carlisle]] durante o [[Britania posromana|período posromano]] de Britania. Pénsase que [[Carwinley]] preto de [[Longtown]] ao norte de Carlisle representa ''Caer Wenddolau'' ou ''Forte de Gwenddolau''.
 
== Traxectoria ==
As xenealoxías fan del un descendente de [[Coel Hen]], quen se cre que gobernou moito do que hoxe é o sur da Escocia e os Borders seguindo a retirada romana da illa de Britania, na zona coñecida como [[Hen Ogledd]]. Gwenddoleu foi probabelmente o herdeiro dun dos moitos estados sucesores do reino de [[Coel Hen]], foi un usurpador que pretendía descender del para lexitimar o dereito da súa familia sobre a rexión.
 
Coñécese ben pouco do seu reinado, pero rematou cando, como o describen os ''[[Annales Cambriae]]'', os fillos de [[Eliffer]], [[Peredur]] e [[Gwrgi]], os dous reis de [[Ebrauc|Efrog]], o mataron na [[Batalla de Arfderydd]] en [[573]]. É posíbel que o sucedese algún dos seus irmáns. Esta foi unha das moitas batallas nas que se enfrontaron os reis britóns que gobernaban os varios estados fracturados que ocuparon a provincia romana de Britania cando os romanos se retiraron dela.
 
Malia que Gwenddoleu non desempeñou papel ningún na lenda [[rei Arturo|artúrica]], o seu conselleiro [[Myrddin]] formaba parte da base das posteriores lendas sobre o mago [[Merlín]]. Cóntase que Myrddin toleou pola pena debido á morte de Gwenddoleu e que fuxiu cara ao bosque de [[Caledonia]]. A memoria de ámbolos dous, Gwenddoleu e Myrddin, foi preservada na [[literatura galesa]].
 
==Bibliografía==
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
*Mike Ashley, ''The Mammoth Book of British Kings and Queens''.
*Rachel Bromwich (ed.), ''Trioedd Ynys Prydein'' (University of Wales Press, new ed. 1991).
 
{{yr hen ogledd}}
 
[[Categoría:Historia de Inglaterra]]
[[Categoría:Monarcas]]
 
[[br:Gwenddolew ap Ceidio]]
[[cy:Gwenddolau]]