Mitose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: hy:Կորիզակիսում
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
Ao mesmo tempo que os cromosomas se condensan, o [[nucléolo]] comeza a se descondensar e desaparece progresivamente.
 
Mentres que no núcleo teñen lugar estes cambios, no [[citoplasma]] comeza a se formar o ''[[fuso acromático|fuso mitótico]]'', que é unha estrutura bipolar composta de ''microtúbulos''.
Nas células animais, a formación do fuso está relacionada co [[centrosoma]], que consta de dous pares de [[centríolo]]s, que se duplicaron durante o ''período S'' da '''interfase'''. Durante a '''profase''' o centrosoma divídese e cada centrosoma fillo diríxese cara a un pólo da célula, organizándose entre eles un feixe de [[microtúbulo]]s que constitúen o fuso mitótico. Os microtúbulos do fuso denomínanse ''polares'' e os exteriores ao fuso, microtúbulos ''astrais'' ou '''[[áster]]'''.