Diferenzas entre revisións de «Credo»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (...")
 
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición [[apóstolo|apostólica]] e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (o [[Concilio de Nicea]] e o [[Primeiro concilioConcilio de Constantinopla]].
 
Aceptan este credo a [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Etíope Tewahedo]], a [[Igrexa Apostólica Armenia]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]], a [[Igrexa Apostólica Asiria]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. A [[Igrexa Católica]] afastouse destas Igrexas engadindo o ''filoque''. As [[protestantismo|igrexas protestantes]] aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.
 
==Orixe==
As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe ''symbolon'' no seu dobre significado de sinal ou selo de unión e de colección ou sumario.
 
Na Igrexa Ortodoxa Copta tivo especial relvanciaorelvancia o símbolo ''Quicumque'' de [[Atanasio de Alexandría]].
 
Na Igrexa Ortodoxa o Credo, xunto coa [[Eucaristía]] e a Palabra de Deus ([[Biblia]]) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.
 
Na Igrexa Occidental, [[Ambrosio de Milán]] falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como ''selo espiritual, meditación do corazón e terouro da alma.''
O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na [[Encarnación]] e na [[Resurrección]] de [[Xesús de Nazaret]] identificado como o Cristo ([[Mesías]]), no [[Espírito Santo]] e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comunión dos fieis (Igrexa e comunión dos santos) así como no [[Xuízo Final]] e na [[Vida Eterna]]. Aínda que formulado en [[grego]] e máis tarde en [[latín]], dende o inicio tivo a súa versión siríaca, [[copto|copta]] e [[armenio|armenia]]. Remata coa palabra [[hebreo|hebrea]] que significa adhesión confiada.
 
===Símbolo dos Apóstolos===
''Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra, creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor, que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe, padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos, ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos, Creo do Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comunión dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén''
 
===Credo niceno-constatinopolitano===
 
[[Categoría:Cristianismo]]
Usuario anónimo