Diferenzas entre revisións de «Sacramento Kings»

 
A estancia de 12 anos dos Royals en Rochester contou coa presencia de nove futuros membros do [[Basketball Hall of Fame]], un membro do Pro Football Hall of Fame e un membro do Paseo da Fama de Hollywood: [[Al Cervi]], [[Bob Davies]], [[Alex Hannum]], [[Les Harrison]], [[Red Holzman]], [[Arnie Risen]], [[Maurice Stokes]], [[Jack Twyman]], [[Bobby Wanzer]], [[Otto Graham]], e [[Chuck Connors]].
 
=== Cincinnati ===
En abril de 1957, os Royals foron trasladados a [[Cincinnati, Ohio]], polos irmáns Harrison. Este movemento seguiu a un gran recibimento nun partido da tempada regular xogado no Cincinnati Gardens o [[1 de febreiro]] de [[1957]]. O cambio de cidade díxose que foi suxerido por Jack Twyman e Dave Piontek, quenes foron dous dos moitos xogadores do plantel dos novos Royals nesa rexión. Cincinnati, que tiña unha gran base universitaria de baloncesto, e non tiña franquía da [[NFL]] coa cal competir, foi considerada como a mellor opción polos Harrison. O nome dos Royals continuou en Cincinnati, a miúdo coñecida coma "Queen City".
 
Durante o primeiro [[draft da NBA]] do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a [[Clyde Lovellette]] e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela [[Si Green]] por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.
 
No final da tempada, [[Maurice Stokes]] golpeouse na cabeza ao caer tras capturar un rebote. Tras o primeiro partido nos playoffs tres días máis tarde, a lesión na cabeza de Stokes agravouse debido á presión da cabina do avión durante o vó de volta a Cincinnati para o segundo partido. Foi hospitalizado permanentemente, unha traxedia que impactou moito ao equipo. Stokes, un gran talento que podía xogar de pivote, de aleiro ou de base, foi 2º na NBA en rebotes e 3º en asistencias, algo que tan só fixo [[Wilt Chamberlain]] nunha tempada entera. Sen Stokes, o equipo veuse abaixo.
 
O membro do All-Star Twyman chegou a un gran nivel nas seguintes dúas tempadas en Cincinnati, e o equipo fixo dúas tempadas de 19 vitorias. O equipo da tempada 1958-59 contaba principalmente con cinco rookies, con Lovellette, King e outro xogadores clave deixando o equipo tras a tráxica lesión de Stokes. Os Harrison, baixo presión para vender o equipo, o venderon a un grupo local liderado por Thomas Woods. O feito de que Stokes fora simplemente botado polo equipo e polos novos donos enfureceu a moitos.
 
Jack Twyman reuniu fondos para o tratamento médico de Stokes, e axudou ao seu compañeiro ata o seu falecemento en abril de [[1970]]. A película ''Maurie'' de 1973 contou a súa historia, protagonizada por [[Bernie Casey]] e [[Bo Svenson]].
 
Twyman foi o segundo xogador da NBA na historia en facer 30 partidos por partido nunha tempada entera da NBA. Twyman e Stokes foron máis tarde incluídos no [[Basketball Hall of Fame|Hall of Fame]].
 
En [[1960]], o equipo puido fichar á estrela local [[Oscar Robertson]]. Robertson liderou a un equipo no que tamén estaban Twyman, [[Wayne Embry]], [[Bob Boozer]], [[Bucky Bockhorn]], [[Tom Hawkins]] e [[Adrian Smith]] nas tres seguintes tempadas. Os Royals cambiaron a súa sorte con Robertson e ascenderon a ser candidatos ao título. Unha disputa entre propietarios botou por terra as posibilidades de playoff cando o novo propietario Louis Jacobs contratou un circo para o Cincinnati Gardens na semana das series de playoffs contra os campións [[Boston Celtics]]. Os Royals tiveron que usar a casa do equipo da Universidade de Xavier, Schmidt Field House.
 
A finais de 1963, outra estrela local, Jerry Lucas, chegou ao equipo. Os Royals conseguiron a segunda mellor marca da NBA. De 1963 a 1966, os Royals loitaron contra Boston e os [[Philadelphia 76ers]], pero caeron das súas esperanzas polo título. As estrelas do equipo durante os anos 60 foron [[Oscar Robertson]] e [[Jerry Lucas]]. Robertson conseguiu éxito individual, promediando un triple-dobre na [[Tempada 1961-62 da NBA|tempada 1961-62]] e gañando o [[MVP da Tempada da NBA|MVP]] na [[Tempada 1963-64 da NBA|1963-64]]. Robertson liderou a liga en anotación e en asistencias cada tempada. Lucas foi [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] en 1964, liderou a liga en lanzamento, e conseguiu 20 rebotes por partido durante tres tempadas. Os dous foron elixidos no [[Equipo All-NBA|primeiro equipo All-NBA]] en varias ocasións.
 
En [[1966]], o equipo foi vendido aos irmáns Jacobs, Max e Jeremy. Nesa mesma tempada, os Royals comezaron a xogar algúns dos seus partidos coma locais en sitios neutrais coma Cleveland (ata que os [[Cleveland Cavaliers]] comezaron a xogar en 1970), Dayton ou Columbus, feito que se produciu no resto da estancia dos Royals en Cincinnati.
 
O novo adestrador [[Bob Cousy]], un leal Boston Celtic, traspasou a Lucas en 1969. Robertson foi tamén traspasado en 1970, aos [[Milwaukee Bucks]], onde gañou inmediatamente o título da NBA. A franquía abandoou Cincinnati pouco máis tarde, na [[Tempada 1972-73 da NBA|tempada 1972-73]], e o seu destino foi [[Kansas City, Misuri]].
 
== Pavillóns ==
19.683

edicións