Michel Foucault: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: zh-min-nan:Michel Foucault
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: fo:Michel Foucault; cambios estética
Liña 1:
'''Michel Foucault''', nado en [[Poitiers]] o [[15 de outubro]] de [[1926]] e finado en [[París]] o [[25 de xuño]] de [[1984]], foi un [[Filosofía|filósofo]], [[Socioloxía|sociólogo]], [[Historia|historiador]] e [[Psicoloxía|psicólogo]] [[Francia|francés]], profesor da cátedra de Historia dos sistemas de pensamento no [[Collège de France]] de [[1970]] a [[1984]].
 
== Biografía ==
Foucault naceu en Poitiers, no seo dunha familia de doutores. Cursou estudos de filosofía e psicoloxía na [[École Normale Supérieure de París]] e graduouse presentando unha tese sobre historia da loucura na época clásica, que se publicou no [[1962]]. Nos anos 60 ensinou filosofía en [[Tunisia]] e dirixiu os departamentos de filosofía das Universidades de [[Universidade de Clermont-Ferrand|Clermont-Ferrand]] e [[Universidade de Vincennes|Vincennes]].
 
Participou xunto cos estudantes nas protestas e nas manifestacións de [[maio do 68]] e posteriormente formou parte dunha comisión para a defensa da vida e dos dereitos dos inmigrantes. No ano 1970 foi nomeado profesor de Historia dos Sistemas de Pensamento no prestixioso [[Collège de France]].
 
== Pensamento ==
As principais influencias no seu pensamento foron [[Friedrich Nietzsche]] e [[Martin Heidegger]] e aínda que el mesmo non aceptaba a cualificación de [[estruturalista]], pódese considerar como un dos principais representantes desta corrente. Os seus estudos puxeron en entredito a influencia de [[Karl Marx]] e de [[Sigmund Freud]].
 
[[Jean Piaget]] definiu o pensamento de Foucault como "un estruturalismo sen estruturas". Foucault levou o estruturalismo á historia da cultura e das ideas.
 
=== Etapas do seu pensamento ===
[[Ficheiro:Michel Foucault, Les mots et les choses maitrier.jpg|thumb|150px]]
O seu pensamento desenvolveuse en tres etapas:
* 1) O libro ''Loucura e civilización'' ([[1960]]), escribiuno mentres era reitor na Universidade de [[Uppsala]], en [[Suecia]], estuda, a través da modificación do concepto de "loucura" e da oposición entre a razón e a loucura que se establece a partires do [[século XVII]], a necesidade que teñen todas as culturas de definir o que as limita, é dicir, o que queda fora delas mesmas.
* 2) En ''As palabras e as cousas'' ([[1966]]), que leva como subtítulo "Arqueoloxía das ciencias humanas", di que todas as ciencias que teñen como obxecto o ser humano son produto de mutacións históricas que reorganizan o saber anterior recreando un conxunto epistemolóxico que define en todos os dominios os límites e as condicións do seu desenvolvemento.
* 3) Comezou coa publicación de ''Vixiar e castigar'', en [[1975]], onde se preguntaba se o encarceramento era un castigo máis humano que a tortura. Sen embargo, lendo pousadamente podemos ver que o verdadeiro interese de Foucault era ocuparse de desenmascarar a maneira na que a sociedade ordena e controla ós individuos, adestrando os seus corpos e as súas mentes. Reflota o concepto do [[panóptico]], dende unha perspectiva que xira en torno ao poder e anticípase á visión do que hoxe en día é o "Big Brother", ou outros ''reality shows''.
 
=== A loucura ===
Ao abordar o estudo dos centros psiquiátricos centrou a súa atención no modo pouco racional no que os "normais" trataron aos enfermos mentais durante o Século da Razón (dende [[Descartes]] ata a [[Ilustración]]), o medo desta cultura "racional" ao diferente, ao oposto, ao irracional, expresouse no tratamento brindado aos tolos, peor que o dispensado aos animais. Pechando, clasificando e analizando ao "enfermo mental" como se fora un obxecto, a racionalidade moderna móstrase tal e como é, vontade de dominio.
 
Durante o [[Renacemento]] e a partir do [[século XIX]] as cousas aconteceron de xeito moi diferente. Iso permite decatarnos de que se producen cambios nas estruturas básicas dende as que os homes entenden e valoran. [[Jorge Luis Acanda]], da Universidade da Habana, destaca a débeda que a "reflexión provocadora en torno aos ocultos e complexos mecanismos de difusión capilar do poder" de Foucault ten respecto dalgunhas teses fundamentais do marxismo un enfoque relacional da sociedade (a sociedade como un conxunto de relacións sociais), que permite ver tamén o poder dende unha perspectiva relacional; o emprego no sentido amplo do concepto de "produción" (non só no plano económico senón tamén no das ideas, as prácticas sexuais, as técnicas carcerarias,etc.) para entender os fenómenos sociais como creacións e non como algo dado ou "natural"; a comprensión de que a revolución contra o capitalismo non pode ser un simple cambio de goberno senón que debe ser unha "fonda e total subversión cultural".
 
=== O poder ===
Foucault analizou cunha profundidade única os mecanismos de poder que operan na sociedade capitalista e a súa influencia na conformación da subxectividade das persoas. Isto permitiulle superar as interpretacións clásicas do poder, que o reducían a un plano represivo e xurídico, e conclúe con que o capitalismo se perpetúa grazas ao exercicio de poderes ([[micropoder]]es) presentes por todo o corpo social. Ao expoñer a vinculación existente entre formas de saber, técnicas disciplinarias e relacións económicas, Foucault mostrou coa maior amplitude a profundidade do que Marx denominaba "[[relacións de produción]]". Foucault sostén que é un erro falar do poder como dunha "cousa":
 
Liña 30:
O poder é a relación de forzas e atópase presente na sociedade dende o primeiro momento, non é algo engadido con posterioridade. O poder atópase en todos os fenómenos sociais, todas as relacións sociais son expresións de poder; non é patrimonio exclusivo dos aparellos do estado. Hai unha inmensa cantidade de vectores de forza, entre os cales as institucións estatais son só puntos de maior densidade.
 
=== Verdade e poder ===
Tamén o [[coñecemento]] é un produto social, e atópase polo tanto condicionado pola posición e polos intereses dos suxeitos que o producen:
 
Liña 41:
Máis que prohibir, o poder goberna, presenta ao individuo as alternativas válidas para a acción, induce, encauza as súas condutas nunha dirección. Isto denominouno Foucault como "poder patoral", en canto á forza que fixa as estruturas de produción da subxectividade humana. É evidente que, ademais de estar en débeda con [[Marx]], a reflexión foucaltiana sobre o poder é debedora de [[Nietzsche]]. Del toma a súa concepción do home como "vontade de poder" e a súa actitude radicalmente crítica da sociedade europea. O propio Foucault dicía "eu son simplemente nietzscheano".
 
=== Poder e resistencia ===
Unha das principais críticas que recibiu a súa reflexión sobre o poder é que, ao recoñecerlle unha capacidade practicamente absoluta como forza homoxeneizadora, deixa sen explicación a presenza e o xurdimento da resistencia e da oposición. Pero Foucault, ao remarcar o carácter relacional do poder, sinalou a presenza dunha tensión constante entre o poder e a oposición, indicando que onde hai poder hai tamén resistencia. A súa antropoloxía oponse expresa e abertamente á idea dun ser humano fundador e incondicionado entronado pola modernidade e polos intentos contemporáneos por salvar ao individuo, o seu protagonismo e a súa autodeterminación. Isto enfrontouno entre outros cos [[existencialismo|existencialistas]], e en especial con [[Sartre]] e o seu humanismo existencial. As súas reflexións sobre o poder permitíronlle reforzar a súa postura presentando a este como fundador e ao individuo como o seu produto histórico.
 
=== Episteme ===
O seu enfrontamento coa modernidade tamén se mostra no rexeitamento do mito do [[progreso]]. A historia non persegue unha fin, non ten sentido. A historia é descontinua e organízase en torno ó que Foucault chama "episteme". Cada episteme estrutura os máis diversos campos do saber dunha época. "Cando falo de episteme (di Foucault) entendo todas as relacións que existiron unha determinada época entre os diversos campos da ciencia. Todos estes fenómenos de relacións entre as ciencias ou entre os diversos "discursos" nos que os diferentes sectores científicos son os que constitúen a que chamo episteme dunha época". A "arqueoloxía do saber" ocúpase do estudo das epistemes. Ela capta a sucesión de epistemes nun devir que non implica nin progreso nin sentido ningún. Na súa obra ''As palabras e as cousas'' describe tres epistemes que se sucederon na historia occidental.
 
* Na primeira, que se mantivo ata o Renacemento, "as palabras tiñan a mesma realidade que aquilo que significaban". Así, por exemplo, no campo económico, o medio de cambio debía ter el mesmo un valor equivalente ao das mercadorías (ouro, prata,etc,).
* Na segunda, que rexeu durante os séculos XVIII e XIX, o discurso rompeu os seus vínculos coas cousas. O valor intrínseco da moeda, seguindo o exemplo tomado do campo económico, deixou de ser importante; o seu valor pasou a ser só representativo.
* A partir do século XIX o saber comezou a buscar a estrutura oculta do real. No plano económico, xa non foi o diñeiro o que medía o valor dun ben senón o traballo necesario para producilo. Os individuos pensan, coñecen e valoran dentro dos esquemas da episteme vixente no tempo que lles toca vivir. As súas prácticas discursivas poden semellar libres, pero atópanse fortemente condicionadas polas estruturas epistémicas.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* http://www.temakel.com/texfilfoucault1.htm
* http://www.geocities.com/athens/olympus/9234/fouc.htm
* http://www.luventicus.org/articulos/foucault.html
* http://www.turemanso.com.ar/larevista/pensador/index.html
 
{{DEFAULTSORT:Foucault, Michel}}
Liña 84:
[[fa:میشل فوکو]]
[[fi:Michel Foucault]]
[[fo:Michel Foucault]]
[[fr:Michel Foucault]]
[[fy:Michel Foucault]]