María Ramallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo artigo e empezo a araranxar
 
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Licenciada en [[Dereito]] pola [[Universidade Complutense]] de [[Madrid]], ingresou no [[PPdeG|Partido Popular]], formación coa que optou como concelleira ás [[Eleccións Municipais 2007 en Galicia|eleccións locais de 2007]] polo concello de [[Marín]]. Foi elixida concelleira, e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En [[2009]] concorre nas listas do PP ás [[Eleccións Autonómicasao 2009Parlamento ende Galicia 2009|eleccións galegas]] onde sae escollida deputada pola [[provincia de Pontevedra]].
 
O presidente [[Alberte Núñez Feijoo]] noméaa presidenta da [[Autoridade Portuaria de Marín]], e [[Eleccións Municipais 2011 en Galicia |dous anos máis tarde]] preséntase á cabeza da lista do Partido Popular ás [[eleccións municipais en Marín]], onde obtén a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49.8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.