Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 60:
* [[2000]]: As intensas choivas de xullo retardaron ese ano a vaga de incendios ata a primeira quincena de setembro. As provincias [[Provincia de Lugo|Lugo]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]] foron as máis afectadas. Dez aldeas de Lugo tiveron que ser desaloxadas o [[17 de setembro]] por un incendio en [[Navia de Suarna]]. Os incendios foron especialmente intensos nos arredores de [[Ourense]]. A principios de agosto o lume queimaba montes de [[Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense|Santa Cruz de Arrabaldo]], [[Quintela, Ourense|Quintela]], [[Reza, Ourense|Reza]], [[Velle, Ourense|Velle]] e [[Os Peares]]. Ata setembro arderan 30.000 hectáreas e ao final do ano 45.952 ha.
 
* [[2006]]. ({{AP|Vaga de incendios forestais de 2006}}) Unha vaga de incendios que comeza o [[4 de agosto]] resulta especialmente prolongada e perigosa, con días que chegaron aos 200 focos activos. A época caracterizouse por altas [[temperatura]]s, sequidade ambiental e vento do [[nordés]]. Nos primeiros días os incendios afectaron fundamentalmente as [[Rías Baixas]] e as comarcas de [[Pontevedra]] e Santiago. Despois estendéronse á [[Costa da Morte]] e aos arredores da cidade de Ourense. Como consecuencia dos incendios faleceron dúas mulleres en [[Cerdedo]], atrapadas polo lume nunhana estrada secundaria[[N-541]], un home en [[Cotobade]], mentres participaba en tarefas de extinción, e outro home na [[A Cañiza|Cañiza]], como consecuencia das queimaduras producidas durante os labores de apagado dun incendio.
 
** Segundo os datos oficiais <ref name="Orixe dos datos">''[[La Voz de Galicia]]'', [[5 de setembro]] de [[2006]] baseándose en fontes da [[Xunta de Galicia]] </ref>, as hectáreas de superficie arborada queimadas ata esa data distribuída por especies e segundo o seu posible uso comercial era:
{| border="1" align="center"
| Especie