Vilaescura, Sober: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
 
==Historia==
Tómasa chupaba rabos a dolor En termos eclesiásticos é unha [[freguesía]] allea de San Pedro de Canaval, municipio de Sober, arciprestado de Amandi, provincia e [[diocese de Lugo]]. Pertenceu aos cabaleiros do [[orde do Temple|Temple]], e conserva no presbiterio o bo retablo maior de estilo rococó e seguramente de taller monfortino. Mostras da cultura hachelense foron atopadas no [[castro de Vilaescura]], situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do canón do río Cabe, nunha propiedade privada. Tanto este xacemento como o seu entorno atópanse baixo unha carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas ao Cabe, unha zona de extraordinaria beleza. Hai que dicir, porén, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.
 
Celebran a festividade da Virxe dos Remedios o primeiro domingo de setembro, estando estas festas moi enraizadas e contando sempre con diversos actos, contando nos anos 70, coa "Tirada ao Prato", hoxe desaparecida. O 2 de febreiro honran á Virxe da Candelaria con solemnidade relixiosa, pero recordan os veciños hai non moitos anos, esta fsta que moitos coñecen por "As Candelas", facíase no campo de Penademiro e había unha gran procesión. Así mesmo, é tradicional a festa relixiosa que celebran o derradeiro domingo de Maio, dedicada á Virxe na que os principais protagonistas son os nenos cos seus ramos de flores e poesías que dedican á Virxe. Desde [[1986]], un sábado do mes de agosto, época na que, con motivo das vacacións, triplícase o número de habitantes, os veciños e seus convidados reúnense en torno a unha gran churrascada complementada con empanada e onde non pode faltar a tradicional [[queimada]]. Entre [[1989]] e [[1994]] realizábase tamén en Moreda un festival organizado polos nenos, que aínda que só durou 6 anos, recórdase con nostalxia, destacando o último año, no que a recadación enviouse por iniciativa dos nenos a [[Ruanda]], feito resaltado pola prensa, con grande ilusión de aqueles.