Cromátide: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Chamamos '''cromátida''' ou '''cromátide''' a cada unha das dúas copias idénticas que constitúen un [[cromosoma]] duplicado, que se manteñen unidas polo [[centrómero]], e que se separan durante a división celular (anafase da [[mitose]] e anafase II da [[meiose]]). Reciben o nome de cromátidas mentres están unidas polos seus centrómeros, pero cando se separan na anafase cada unha xa se considera cromosoma. Noutras palabras, unha cromátida é "unha metade dun cromosoma replicado".<ref>[http://biology.about.com/library/glossary/bldefchromatid.htm Chromatid - A Cell Biology Definition<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de cromátidas irmás. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais xenes e alelos), xa que son resultado dunha duplicación do ADN. Non obstante, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o sobrecruzamento (intercambio de segmentos) coas cromátidas do [[cromosomas homólogos|cromosoma homólogo]], o que ten como resultado a recombinación xenética entre elas, e cabe a posibilidade que as cromátidas irmás iniciais acaben tendo alelos distintos.
 
Un cromosoma normal duplicado ten dúas cromátidas, pero os [[cromosomas politénicos]] que se observan nas glándulas salivares de certos insectos teñen moitas copias de cada filamento de ADN.<ref name=Ashburner1970>{{citation
Utilízase o termo '''díada''' para referirse a un par de cromátidas irmás durante a profase I da meiose. Nese momento as dúas cromátidas irmás están aliñadas e parecen ter un centrómero indiviso, a diferenza da profase da mitose na que parecen ter cada unha o seu propio centrómero individualizado. O termo díada tamén se usa na descrición da morfoloxía de proteínas.<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/dyad dyad - 4 dictionary results]</ref>
 
Utilízase o termo '''tétrada''' para referirse ás catro cromátidas dos dous cromosomas homólogos emparellados durante a meiose para facer a recombinación. Os dous cromosomas forman un [[bivalente]] e cada un ten dúas cromátidas, polo que o conxunto ten catro cromátidas. As tétradas desaparecen na anafase I da meiose, momento en que os bivalentes se separan. O número de tétradas que se forman na meiose coincide co número haploide da especie de que se trate.
 
 
229.119

edicións