Cromátide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de cromátidas irmás. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais xenes e alelos), xa que son resultado dunha duplicación do ADN. Non obstante, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o sobrecruzamento (intercambio de segmentos) coas cromátidas do cromosoma homólogo, o que ten como resultado a recombinación xenética entre elas, e cabe a posibilidade que as cromátidas irmás iniciais acaben tendo alelos distintos.
 
Un cromosoma normal duplicado ten dúas cromátidas, pero os [[cromosomas politénicos]] que se observan nas glándulas salivares de certos insectos teñen moitas copias de cada filamento de ADN.<ref name=Ashburner1970>{{citation
| last = Ashburner | first = M.
| year = 1970
| título = Function and structure of polytene chromosomes during insect development
| journal = Adv Insect Physiol
| volume = 7
| issue = 1
| pages = 3S4
| url = http://books.google.co.uk/books?hl=en
}}</ref>
 
 
 
Utilízase o termo '''díada''' para referirse a un par de cromátidas irmás durante a profase I da meiose. Nese momento as dúas cromátidas irmás están aliñadas e parecen ter un centrómero indiviso, a diferenza da profase da mitose na que parecen ter cada unha o seu propio centrómero individualizado. O termo díada tamén se usa na descrición da morfoloxía de proteínas.<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/dyad dyad - 4 dictionary results]</ref>