Cromátide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
tradución baseada en en:chromatid, con engádegas.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Chamamos '''cromátida''' ou '''cromátide''' a cada unha das dúas copias idénticas que constitúen un [[cromosoma]] duplicado, que se manteñen unidas polo [[centrómero]], e que se separan durante a división celular (anafase da [[mitose]] e anafase II da [[meiose]]). Reciben o nome de cromátidas mentres están unidas polos seus centrómeros, pero cando se separan na anafase cada unha xa se considera cromosoma. Noutras palabras, unha cromátida é "unha metade dun cromosoma replicado".<ref>[http://biology.about.com/library/glossary/bldefchromatid.htm Chromatid - A Cell Biology Definition<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de cromátidas irmás. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais xenes e alelos), xa que son resultado dunha duplicación do ADN. Non obstante, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o sobrecruzamento (intercambio de segmentos) coas cromátidas do cromosoma homólogo, o que ten como resultado a recombinación xenética entre elas, e cabe a posibilidade que as cromátidas irmás iniciais acaben tendo alelos distintos.
 
Un cromosoma normal duplicado ten dúas cromátidas, pero os [[cromosomas politénicos]] que se observan nas glándulas salivares de certos insectos teñen moitas copias de cada filamento de ADN.