203.202
edicións
(Nova páxina: "{{entradución}} thumb|Partes dun [[cromosoma:

(1) Cromátida
(2) Centrómero
(3) Brazo curto
(4) Brazo longo]] Chamamos '''cromátid...") |
(tradución baseada en en:chromatid, con engádegas.) |

{{entradución}}
[[Ficheiro:Chromosome.svg|thumb|Partes dun [[cromosoma]]:

(1) Cromátida
(2) [[Centrómero]]
(3) Brazo curto
(4) Brazo longo]]
Chamamos '''cromátida''' ou '''cromátide''' a cada unha das dúas copias idénticas que constitúen un [[cromosoma]] duplicado, que se manteñen unidas polo [[centrómero]], e que se separan durante a división celular (anafase da [[mitose]] e anafase
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de cromátidas irmás. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais xenes e alelos), xa que son resultado dunha duplicación do ADN. Non obstante, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o sobrecruzamento (intercambio de segmentos) coas cromátidas do cromosoma homólogo, o que ten como resultado a recombinación xenética entre elas, e cabe a posibilidade que as cromátidas irmás acaben tendo alelos distintos.
Un cromosoma normal duplicado ten dúas cromátidas, pero os [[cromosomas politénicos]] que se observan nas glándulas salivares de certos insectos teñen moitas copias de cada filamento de ADN.
Utilízase o termo '''díada''' para referirse a un par de cromátidas irmás durante a profase I da meiose. Nese momento as dúas cromátidas irmás están aliñadas e parecen ter un centrómero indiviso, a diferenza da profase da mitose na que parecen ter cada unha o seu propio centrómero individualizado. O termo díada tamén se usa na descrición da morfoloxía de proteínas.<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/dyad dyad - 4 dictionary results]</ref>
Utilízase o termo '''tétrada''' para referirse ás catro cromátidas dos dous cromosomas homólogos emparellados durante a meiose para facer a recombinación. Os dous cromosomas forman un bivalente e cada un ten dúas cromátidas, polo que o conxunto ten catro cromátidas. As tétradas desaparecen na anafase I da meiose, momento en que os bivalentes se separan. O número de tétradas que se forman na meiose coincide co número haploide da especie de que se trate.
==Notas==

edicións