Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
 
==A resolución de Lee e o impulso definitivo==
O mesmo día no que o Congreso aprobaba o preámbulo radical de Adams, a Convención de Virxinia creaba o marco idóneo para unha declaración de independencia ao dar instrucións aos seus delegados para que elevasen “a aquel órgano respectable a proposta de que as Colonias Unidas fosen declaradas estados libres e independentes, e quedasen eximidas da lealdade e dependencia da Coroa ou o Parlamento de Gran Bretaña”<ref>O texto completo da resolución, en inglés, está dispoñible na páxina web do Proxecto Avalon, da Facultade de Dereito da Universidade de Yale, no seguinte enlace: http://avalon.law.yale.edu/18th_century/const02.asp</ref>. Cumprindo esa orde, o 7 de xuño Richard Henry Lee someteu aos delegados un texto en tres partes, que de novo contaba co apoio de John Adams e no que se instaba ao Congreso a declarar a independencia, concertar alianzas con outros países e preparar un plan para a constitución dunha confederación colonial. No debate da moción, houbo certa resistencia por parte dalgúns que, aínda admitido a escasa probabilidade dunha reconciliación con Gran Bretaña, consideraban prematura a declaración de independencia e entendían que era máis urxente acadar apoios no exterior. Os que estaban a favor da resolución, en cambio, crían que os gobernos estranxeiros non estarían dispostos a intervir nunha disputa interna, polo que unha declaración formal de independencia era un paso previo necesario para poder contar con axuda exterior. Segundo eles, todo o que o Congreso tiña que facer era “proclamar un feito que xa era unha realidade”<ref>Jensen, ''Founding'', 689; Armitage, ''Global History'', 33–34. TheO quotetexto isda fromcita Jefferson'sestá notesextraído das notas de Jefferson; Boyd, ''Papers of Jefferson'', 1:311.</ref>. Os representantes de Pensilvania, Delaware, Nova Jersey, Maryland e Nova York non estaban aínda autorizados a votar a favor da independencia, polo que algúns deles ameazaron con abandonar a sesión se de aprobaba a resolución. En consecuencia, o 10 de xuño o Congreso decidiu adiar o debate durante tres semanas e encargou a un comité que, nese tempo, preparase un documento para anunciar e explicar a independencia, por se a resolución resultaba aprobada cando se retomase a súa discusión en xullo.
 
Durante a segunda metade do mes de xuño de 1776, a opinión favorable á declaración de independencia foise consolidando. O día 14 a asemblea de Connecticut deu instrucións aos seus delegados para que fixesen a proposta, e o día seguinte as lexislaturas de New Hampshire e Delaware autorizaron aos seus a que votasen a favor. En Pensilvania as loitas políticas provocaron a disolución da asemblea colonial e o 18 de xuño unha nova Conferencia de Comités presidida por Thomas McKean autorizou aos delegados desta colonia a declarar a independencia. O día 15, o Congreso Provincial de Nova Jersey, que iniciara o seu mandato en xaneiro, declarou que o Gobernador Real William Franklin era “un inimigo das liberdades deste país” e ordenou o seu arresto. Seis días máis tarde elixiron novos delegados e déronlles autorización para adherirse á declaración de independencia.