Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 26:
Malia o crecente apoio popular, o Congreso carecía de autoridade para declarar a independencia, dado que os representantes foran nomeados por trece gobernos diferentes en circunstancias moi dispares e con instrucións tamén moi diferentes, que nalgúns casos mesmo lles prohibían expresamente apoiar medidas conducentes á separación de Gran Bretaña. Os partidarios da independencia houberon de centrar a súa campaña política, entre abril e xullo de 1776, na revisión desas instrucións. Para que o Congreso puidese declarar a independencia, era necesario que unha maioría dos representantes tivese autorización para votar a favor, e polo menos unha das delegacións debería ter instrucións específicas para presentar a proposta no Congreso.
 
==A revisión das instrucións dos representantes nodo Congreso==
Durante a campaña pola revisión das instrucións para os representantes, moitos americanos apoiaron a independencia por medio de declaracións estatais e locais. A historiadora Pauline Maier identificou máis de noventa destes textos feitos públicos nas trece colonias entre abril e xullo de 1776<ref>Maier, ''American Scripture'', 48, and Appendix A, which lists the state and local declarations.</ref>. Nalgúns casos tratábase de instrucións formais para os delegados, como, por exemplo, as Resolucións de Halifax, do 12 de abril, coas que Carolina do Norte se converteu no primeiro estado en autorizar o voto a favor da independencia. Outras eran acordos das asembleas lexislativas polos que se poñía fin oficialmente ao control británico en colonias concretas, como no caso de Rhode Island, o 4 de maio. Moitas eran declaracións de apoio adoptadas en consellos municipais ou comarcais. Algunhas outras, finalmente, tomaron a forma de instrucións xudiciais, como a emitida o 23 de abril polo Presidente do Tribunal Supremo William Henry Drayton, de Carolina do Sur: “a lei desta terra autorízame a declarar... que Xurxo Terceiro, rei da Gran Bretaña,...carece de autoridade sobre nós e que nós non lle debemos obediencia”<ref>Maier, ''American Scripture'', 69–72, quote on 72.</ref>. Na maior parte dos casos, estas declaracións quedaron eclipsadas pola aprobada polo Congreso o 4 de xullo.