Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 28:
==A revisión das instrucións dos representantes no Congreso==
Durante a campaña pola revisión das instrucións para os representantes, moitos americanos apoiaron a independencia por medio de declaracións estatais e locais. A historiadora Pauline Maier identificou máis de noventa destes textos feitos públicos nas trece colonias entre abril e xullo de 1776<ref>Maier, ''American Scripture'', 48, and Appendix A, which lists the state and local declarations.</ref>. Nalgúns casos tratábase de instrucións formais para os delegados, como, por exemplo, as Resolucións de Halifax, do 12 de abril, coas que Carolina do Norte se converteu no primeiro estado en autorizar o voto a favor da independencia. Outras eran acordos das asembleas lexislativas polos que se poñía fin oficialmente ao control británico en colonias concretas, como no caso de Rhode Island, o 4 de maio. Moitas eran declaracións de apoio adoptadas en consellos municipais ou comarcais. Algunhas outras, finalmente, tomaron a forma de instrucións xudiciais, como a emitida o 23 de abril polo Presidente do Tribunal Supremo William Henry Drayton, de Carolina do Sur: “a lei desta terra autorízame a declarar... que Xurxo Terceiro, rei da Gran Bretaña,...carece de autoridade sobre nós e que nós non lle debemos obediencia”<ref>Maier, ''American Scripture'', 69–72, quote on 72.</ref>. Na maior parte dos casos, estas declaracións quedaron eclipsadas pola aprobada polo Congreso o 4 de xullo.
 
==O preámbulo do 15 de maio==
De acordo co procedemento habitual, o Congreso nomeou un comité para redactar un borrador do preámbulo no que se explicase a finalidade da resolución. O texto, escrito por John Adams, dicía que dado que o rei Xurxo non aceptaba a reconciliación e estaba mesmo a contratar a mercenarios para loitar contra as colonias, “é necesario suprimir por completo calquera forma de autoridade exercida ao amparo da citada coroa”. Todos entenderon o texto como unha invitación ao derrocamento dos gobernos de Pensilvania e Maryland, rexidas aínda como concesións comerciais. Tras varios días de debate, o 15 de maio o Congreso aprobou o preámbulo, a pesar do voto en contra de catro das colonias centrais e as protestas da delegación de Maryland, que abandonou a sesión. Así foi publicado o texto nas actas do Congreso Continental:
{{Cita|Considerando que a súa Maxestade Británica, xuntamente con os lores e os comúns de Gran Bretaña, en virtude dunha lei recente do Parlamento, excluíu aos habitantes destas Colonias Unidas da protección da súa coroa; e considerando que é pouco probable que obteñan resposta as humildes solicitudes de reparación e reconciliación con Gran Bretaña por parte destas colonias, cuxas boas xentes se verán, en cambio, sometidas a os esforzos destrutivos daquel reino, axudado por mercenarios estranxeiros; e considerando que semella de todo punto irreconciliable coa razón e a boa conciencia que as xentes destas colonias fagan os xuramentos e declaracións necesarios para apoiar a calquera goberno que se estableza baixo a coroa de Gran Bretaña, e que é necesario suprimir por completo calquera forma de autoridade exercida ao amparo da citada coroa e exercer todos os poderes de goberno baixo a autoridade da xente destas colonias, para o mantemento da paz interna, a virtude e a orde así como para a defensa das súas vidas, liberdades e propiedades fronte ás invasións hostís e a cruel depredación dos seus inimigos; resólvese, polo tanto...}}
 
==A resolución de Lee e o impulso definitivo==
O mesmo día no que o Congreso aprobaba o preámbulo radical de Adams, a Convención de Virxinia creaba o marco idóneo para unha declaración de independencia ao dar instrucións aos seus delegados para que elevasen “a aquel órgano respectable a proposta de que as Colonias Unidas fosen declaradas estados libres e independentes, e quedasen eximidas da lealdade e dependencia da Coroa ou o Parlamento de Gran Bretaña”<ref>O texto completo da resolución, en inglés, está dispoñible na páxina web do Proxecto Avalon, da Facultade de Dereito da Universidade de Yale, no seguinte enlace: http://avalon.law.yale.edu/18th_century/const02.asp</ref>. Cumprindo esa orde, o 7 de xuño Richard Henry Lee someteu aos delegados un texto en tres partes, que de novo contaba co apoio de John Adams e no que se instaba ao Congreso a declarar a independencia, concertar alianzas con outros países e preparar un plan para a constitución dunha confederación colonial. No debate da moción, houbo certa resistencia por parte dalgúns que, aínda admitido a escasa probabilidade dunha reconciliación con Gran Bretaña, consideraban prematura a declaración de independencia e entendían que era máis urxente acadar apoios no exterior. Os que estaban a favor da resolución, en cambio, crían que os gobernos estranxeiros non estarían dispostos a intervir nunha disputa interna, polo que unha declaración formal de independencia era un paso previo necesario para poder contar con axuda exterior. Segundo eles, todo o que o Congreso tiña que facer era “proclamar un feito que xa era unha realidade”<ref>Jensen, ''Founding'', 689; Armitage, ''Global History'', 33–34. The quote is from Jefferson's notes; Boyd, ''Papers of Jefferson'', 1:311.</ref>. Os representantes de Pensilvania, Delaware, Nova Jersey, Maryland e Nova York non estaban aínda autorizados a votar a favor da independencia, polo que algúns deles ameazaron con abandonar a sesión se de aprobaba a resolución. En consecuencia, o 10 de xuño o Congreso decidiu adiar o debate durante tres semanas e encargou a un comité que, nese tempo, preparase un documento para anunciar e explicar a independencia, por se a resolución resultaba aprobada cando se retomase a súa discusión en xullo.
 
Durante a segunda metade do mes de xuño de 1776, a opinión favorable á declaración de independencia foise consolidando. O día 14 a asemblea de Connecticut deu instrucións aos seus delegados para que fixesen a proposta, e o día seguinte as lexislaturas de New Hampshire e Delaware autorizaron aos seus a que votasen a favor. En Pensilvania as loitas políticas provocaron a disolución da asemblea colonial e o 18 de xuño unha nova Conferencia de Comités presidida por Thomas McKean autorizou aos delegados desta colonia a declarar a independencia. O día 15, o Congreso Provincial de Nova Jersey, que iniciara o seu mandato en xaneiro, declarou que o Gobernador Real William Franklin era “un inimigo das liberdades deste país” e ordenou o seu arresto. Seis días máis tarde elixiron novos delegados e déronlles autorización para adherirse á declaración de independencia.
 
Para entón, quedaban só Maryland e Nova York por autorizar a independencia. Os delegados do primeiro destes territorios, tras abandonar a sesión cando se votaba o preámbulo de Adams o 15 de maio, pediron instrucións á súa Convención e recibiron orde de votar en contra. Samuel Chase acudiu a Maryland e, por medio de resolucións locais a favor da independencia, logrou que a Convención cambiase de parecer o día 28, co que xa só quedaba Nova York pendente de revisar as instrucións dos delegados. O día 8 de xuño, cando se debatía a moción pola independencia, o Congreso Provincial de Nova York indicáralles aos seus delegados que agardasen, e xa non se volvería a reunir ata o 10 de xullo, dado que o 30 de xuño foi necesario evacuar Nova York ante o avance das tropas británicas. Como consecuencia, os delegados deste territorio xa non contarían con autorización para declarar a independencia ata que o Congreso xa tivese a súa decisión tomada.
 
==O texto da Declaración==