Diferenzas entre revisións de «Hérulos»

sen resumo de edición
Os '''hérulos''' son os membros dun antigo pobo xermánico que invadiu o [[Imperio Romano]] no [[século III]].
 
O antigo pobo xermano '''hérulo''' foi case con total seguridade expulsado de [[Escandinavia]] ao longo do século III. Segundo algúns historiadores medievais, os seus integrantes aliáronse cos godos e participaron con eles en varias expedicións levadas a cabo ao redor das costas dos mares [[Mar negro|Negro]] e [[Mar Exeo|Exeo]] ([[260]]). A principios do século VI, os lombardos[[longobardos]] venceron ao pobo hérulo e disolveron o seu reino, situado na conca do río [[Elba]]. Algúns dos seus integrantes emigraron a Escandinavia e outros enroláronse como mercenarios no exército do [[Imperio Romano de Oriente]]. Un xefe hérulo, [[Odoacro]], depuxo ao último emperador romano de Occidente, [[Rómulo Augústulo]] ([[476]]) e foi nomeado rei de Italia polas súas tropas. Gobernaría Italia do [[476]] ao [[493]] ata que os [[ostrogodos]] combateron e venceron o seu exército, instalándose na península Itálica.
 
 
52.804

edicións