Corpo basal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro:Chlamydomonas TEM 09.jpg|thumb|Sección lonxitudinal de ''[[Chlamydomonas reinhardtii]]'' na que pode verse o inicio do flaxelo e o corpo basal.]]
 
Un '''corpo basal''' ou '''cinetosoma''' é unha estrutura que aparece na base dos undilopodios [[Eukarya|eucariotas]] ([[cilio]]s ou [[flaxelo]]s) e que serve como punto de nucleación para o crecemento dos [[microtúbulo]]s do [[axonema]]. Os corpos basais derivan dos centríolos a través dun proceso en gran parte descoñecido. Son estruturalmente iguais ao centríolo, cada un deles contén unha configuración helicoidal de 9+0 tripletes de microtúbulos (9 exteriores y 0 no centro) formando un cilindro oco.
 
Os [[centríolo]]s, a partir dos cales se forma o corpo basal, actúan como puntos de fixación para as [[proteína]]s, nas que á súa vez se ancoran os microtúbulos nos [[centrosoma]]s, un tipo de centro organizativo de microtúbulos. Estes microtúbulos proporcionan a estrutura e facilitan o movemento das vesículas e orgánulos dentro de moitas células eucarióticas. Os corpos basais, porén, son especificamente bases para os cilios e flaxelos que se estenden fóra da célula.