Melanosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
Nalgúns melanocitos os melanosomas permanecen estáticos dentro da célula. Noutros tipos de melanocitos, polo contrario, a célula pode expandirse formando [[pseudópodo]]s, que levan melanosomas, e que os afastan así do centro da célula, incrementando deste modo a efectividade na absorción de luz.
 
Esta formación de pseudópodos sucede lentamente nos melanocitos dérmicos en resposta á [[luz ultravioleta]], á vez que se incrementa a produción de novos melanosomas e aumenta a 'transferencia ou "doación'" de melanosomas aos [[queratinocito]]s adxacentes (as células comúns da superficie da pel). Esta cesión de melanosomas ten lugar porque algúns queratinocitos poden fagocitar o extremo dos pseudópodos dos melanocitos, os cales conteñen moitos melanosomas. A [[dineína]] [[citoplasma|citoplásmica]] é a encargada de levar as vesículas cargadas de melanina ao centro do queratinocito, dispoñéndoos arredor do seu núcleo, proporcionando así unha óptima protección contra os raios ultravioleta.
 
Todo este conxunto de cambios na concentración de melanosomas nos queratinocitos é o responsable de que nos poñamos morenos despois de expoñer a pel aos raios ultravioleta ou á luz do sol.