Diferenzas entre revisións de «San Pedro del Pinatar»

m
sen resumo de edición
(lig int)
m
'''San Pedro del Pinatar''' é un [[municipio]] da [[Rexión de Murcia]], en [[España]]. Ao atoparse nas ribeiras do [[mar Mediterráneo]] e do [[mar Menor]] dispón de gran atractivo turístico e ecolóxico. Ao norte do municipio atópase o parque natural das [[Salinas e Areais de San Pedro del Pinatar]].<ref>[http://www.carm.es/siga/mnatural/proycons/espnat/porn/sanpedro/0Por-Sp2.pdf Plan de ordenación dos recursos naturais]</ref> Nun radio de menos de 50 [[km]] pódense atopar tres núcleos urbanos de máis de cen mil habitantes: [[Torrevieja]], [[Cartagena, Murcia|Cartagena]] e [[Murcia]].
 
== Características ==
A pesar de ser un municipio relativamente pequeno a súa situación estratéxica na costa e as súas calidades ambientais orixinaron un crecemento moi rápido da poboación e un aumento da actividade comercial e económica. Ao mesmo tempo produciuse unha gran presión urbanística que minimizou o chan dedicado ás tarefas agrícolas.<ref>[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-04-11-2007/abc/Nacional/cara-y-cruz-del-litoral-murciano_1641283469223.html Problemas no litoral murciano]</ref>. Dese modo, a pesca e a explotación das salinas deixaron de ser as súas actividades económicas case exclusivas.
 
As actividades relacionadas co lecer ocupan un destacado papel. O seu clima adecuado para actividades ao aire libre, as súas oito praias, tres portos deportivos, instalacións de talasoterapia, itinerarios ecolóxicos, zona de copas en ''la Curva'' de [[Lo Pagán]], etc, proporcionan unha oferta diversificada na zona; aínda que existen conflitos de intereses.<ref>[http://www.laverdad.es/murcia/20080229/comarcas/pedro-pinatar-llamamientos-internet-20080229.html Construcións ilegais na Curva]</ref>. As festas tradicionais realízanse no verán, o que fai que poidan participar moitas persoas que veranean na zona.
 
== Referencias Notas==
{{Listaref}}
<references/>
 
[[Categoría:Cidades da Rexión de Murcia]]
44.115

edicións