Diferenzas entre revisións de «Cónsul romano»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Modificado: hr:Rimski konzul)
m
Os Cónsules foron [[patricio]]s ata as Leis do [[-367]]. (387 de Roma). Do 387 ao 412 de Roma, a cuestión é debatida, con alternativas; do 412 ao 581 de Roma, houbo un cónsul patricio e un plebeo; desde o 582 de Roma, ostentan o cargo ben un patricio e un plebeo ou ben dous plebeos, e nunca dous patricios.<br/>
 
=== Cónsul sufecto (''consul suffectus'') ===
 
É un substituto nomeado polo Senado cando un cónsul morría no ano do seu exercicio ou se vía incapacitado. Non sempre se fixo a substitución; ás veces o cargo quedou vacante, aínda cando faltasen varios meses para concluír o ano de mandato. O nome do cónsul sufecto engadíase á lista de cónsules de Roma como un máis, adquirindo de inmediato a categoría consular.
 
 
===Consular===
 
Todo aquel que fora cónsul entraba na categoría de consular. Gozaba dunha serie de privilexios e de grande estima e respecto por parte do Senado. Adoitábase a cederlle a palabra antes que aos maxistrados máis novos. En moitos casos foron nomeados gobernadores dunha provincia co apelativo de procónsul. Tamén foron os encargados do abastecemento de gran.
 
===Signos externos e vestiduras===
 
Os dous cónsules levaban unha escolta de 12 [[lictor]]es (unha mestura entre garda persoal e gardacostas), pero só durante o mes en que lles correspondía, como se explicou máis arriba. Os símbolos externos da súa autoridade consistían nos [[fasces]] que portaban os lictores e nun cetro de [[marfil]] (''scipio eburneus'') coa imaxe dunha [[aguia]] no alto.
 
57.524

edicións