Diferenzas entre revisións de «Código de Hammurabi»

m
bot Modificado: hu:Hammurapi törvényoszlopa; cambios estética
(algúns arranxos)
m (bot Modificado: hu:Hammurapi törvényoszlopa; cambios estética)
O '''Código de Hammurabi''', criado por volta de [[-1700|1700 a.C.]], é un dos mais antigos conxuntos de leis xamais encontrados, e un dos exemplos mellor preservados deste tipo de documento da antiga [[Mesopotamia]].
 
== Aspecto ==
As leis (numeradas de 1 a 282, mais os números 13, 66–99, 110, e 111 non existen) están gravadas nun monolito de [[diorita]] negra de 2,5 m. de altura.
 
[[Hammurabi]] (1728 a.C.–1686 a.C.) achaba que el debía escribir o código para agradarlle aos [[deus]]es. Diferentemente de moitos outros reis anteriores e contemporáneos seus, el non se consideraba relacionado con ningún deus, a pesar de el se autodenominar "o favorito dos deuses". Na parte superior do monolito, Hammurabi é mostrado en fronte ao trono do rei Sol [[Shamash]]. Logo abaixo están escritos, en caracteres [[Escrita cuneiforme|cuneiformes]] [[Lingua acadia|acadianos]], os artigos regularizando a vida cotiá.
 
== Historia ==
O código foi colocado no templo de [[Sippar]], e diversos outros exemplares foron igualmente espallados por todo o reino. O obxectivo deste código era de homoxeneizar o reino xuridicamente e garantir unha cultura común.
 
Durante as diferentes invasións da [[Babilonia]], o código foi cambiado para a cidade de [[Susa]] (no [[Irán]] actual) por volta de [[-1200|1200 a.C.]]. Foi nesa cidade que foi descuberto, en decembro de [[1901]], pola expedición dirixida por [[Jacques de Morgan]]. O abade [[Jean-Vincent Scheil]] traduciu a totalidade do código após o retorno a [[París]], onde hoxe pode ser admirado no [[Museo do Louvre]], na sala 3 do Departamento de Antigüidades Orientais.
 
== Contido ==
[[Ficheiro:CodeOfHammurabi.jpg|left|thumbnail|220px|Unha inscrición do Código de Hammurabi]]
O código de Hamurabi expón leis e punicións, no caso de non seren respectadas as leis. A énfase é dada ao roubo, agricultura, crianza de gado, danos á propiedade, dereitos da muller, dereitos do neno, dereito do escravo, así como [[asasinato]], morte e inxuria. A punición ou pena é diferente para diferentes clases de ofensores e vítimas. As leis non toleran desculpas ou explicacións para erros ou fallas: o código era exposto libremente á vista de todos, de modo que ninguén puidese alegar ignorancia da lei como desculpa. No entanto, poucas persoas sabían ler naquela época (con excepción dos escribas).
 
Os artigos do Código de Hammurabi fixan, así, as diferentes regras da vida cotiá, entre outras:
* a xerarquía da sociedade divídese en tres grupos: os homes libres, os subalternos e os [[escravo]]s;
* os prezos: os honorarios dos [[Medicina|médicos]] varían de acordo coa clase do enfermo;
* os salarios varían segundo a natureza dos traballos realizados;
* a responsabilidade profesional: un arquitecto que constrúa unha casa que se desmorone, causando a morte dos seus ocupantes, é condenado á [[pena de morte]];
* o funcionamento xudicial: a xustiza é estabelecida polos tribunais, as decisións deben ser escritas, e é posíbel apelar ao rei;
* as penas: a escala das penas é descrita segundo os delitos e crimes cometidos. A '''[[lei do talión]]''' é a base desta escala.
 
== Importancia ==
O código é moitas veces indicado como o primeiro exemplo do concepto legal de que algunhas [[lei]]s son tan básicas que mesmo un rei non pode modificalas. Ao escribir as leis na pedra, elas tornaranse inmutábeis. Este concepto existe en varios sistemas xurídicos modernos e deu orixe á expresión en lingua inglesa ''written in stone'' (''escrito na pedra'').
 
Outras coleccións de leis inclúen os códigos de [[Ur Nammu]], rei de [[Ur]] (cerca de [[-205|2050 a.C.]], o código de [[Eshnunna]] (cerca de [[1930 a.C.]]) e o código de [[Lipit-Ishtar]] de [[Isin]] (cerca [[1870 a.C.]]).
 
== Diferenzas da Torah ==
Algunhas partes da [[Torah]] son similares a certas seccións do código de Hammurabi, e debido a iso algúns especialistas suxiren que os hebreos teñan derivado a súa lei deste. No entanto, o libro ''Documents from Old Testament Times'' (Documentos da época do Vello Testamento) di: "Non existe fundamento ningún para se asumir calquera préstamo polos hebreos dos babilónicos. Mesmo se os dous conxuntos de leis difiren pouco na prosa, eles difiren moito no espírito."
 
|}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Oppert & Menant (1877). ''Documents juridiques de l'Assyrie et de la Chaldee''. Paris.
* Kohler, J. & Peiser, F.E. (1890). ''Aus dem Babylonischen Rechtsleben''. Leipzig.
* Falkenstein, A. (1956–57). ''Die neusumerischen Gerichtsurkunden I–III''. München.
 
=== Outros artigos ===
* [[Hammurabi]]
* [[Babilonia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://eawc.evansville.edu/anthology/hammurabi.htm Tradución do código ao inglés]
* [http://www.angelfire.com/me/babiloniabrasil/hamur.html Tradución do código ao portugués]
* [http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/hammurabi.htm O Código de Hamurabi] (texto do código)
* [http://enciclopedia.us.es/index.php/C%F3digo_Hammurabi Código Hammurabi] (na Enciclopedia Libre).
* [http://www.geocities.com/derechoonline/codigo_de_hammurabi.htm Código de Hamurabi] (tradución ao español das 282 leis)
* [http://clio.rediris.es/clionet/fichas/hammurabi.htm O Código de Hamurabi] (Proxecto Clío)
 
{{Commons|Code of Hammurabi|Código de Hamurabi}}
[[he:חוקי חמורבי]]
[[hr:Hamurabijeva stela]]
[[hu:HammurápiHammurapi törvényoszlopa]]
[[hy:Համմուրաբի թագավորի օրենքներ]]
[[it:Codice di Hammurabi]]
76.016

edicións